VEHÍCULOS DE MOBILIDADE PERSOAL (VMP)
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica a Resolución do concelleiro delegado de Urbanismo, Infraestruturas, Vivenda e Mobilidade, Juan Manuel Díaz Villoslada, por delegación da Xunta de Goberno Local.
Aproba a "Instrución sobre a regulación de uso dos Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP) no Concello da Coruña"
A instrución, que foi elaborada no marco do proceso de desenvolvemento da Declaración da Coruña por unha Mobilidade máis Sostible, aprobouse por unanimidade no Pleno do Concello na súa sesión do 3 de outubro de 2019.
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, ante a recente aparición e proliferación de novos medios de mobilidade e transporte no ámbito preferentemente urbano, e tendo en conta a falta dunha regulación específica deste tipo de aparellos na normativa estatal, considerou conveniente a elaboración dunha instrución municipal que regule as condicións de utilización e circulación destes.
Este tipo de aparellos clasificáronse como vehículos baixo a denominación de Vehículos de Mobilidade Persoal ( VMP) ou Vehículos de Mobilidade Urbana (VMU).
Instrucción sobre uso de los Vehículos de Movilidad Personal (cast) (193 KB)
Instrución sobre o uso dos Vehículos de Mobilidade Persoal (gal) (221 KB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible