Fomentando unha mobilidade activa e sostible
Dando comezo á Semana Europea da Mobilidade, Bici-Coruña activa a primeira base no Barrio das Flores e unha máis no canellón da avenida de Lamadosa, para dar servizo ao CHUAC.
Desta maneira das 55 estacións, cómpre destacar que xa hai 49 activas para o uso e goce das persoas usuarias.
O próximo obxectivo do Goberno Municipal, na súa segunda fase, é ampliar esta rede de estacións ata un total de 90 para chegar a todos os barrios da Coruña, grazas aos Fondos Next Generation obtidos polo Concello o pasado mes de abril deste ano, que á súa vez permitirá adquirir máis bicicletas eléctricas co novo contrato de subministracións.
.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible