Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
É un sistema de actuación indirecto previsto pola Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia que pretende axilizar a xestión urbanística en situacións de propietario único ou acordo unánime da totalidade de propietarios dun polígono nos termos da xestión.
A quen vai dirixido?:
A xestión pode ser realizada:
Mediante unha entidade urbanística de xestión que se constituirá en escritura pública que á súa vez conterá os estatutos da entidade e unha proposta de equidistribución.
Directamente polo único propietario da totalidade dos terreos afectados.
Mediante unha sociedade mercantil constituída para o efecto sempre que no seu capital participen todas as persoas propietarias. As/os propietarias/os deberán achegar á sociedade a totalidade das terreos, edificacións e construcións de que sexan titulares no polígono e a ela poderanse incorporar entidades que acheguen financiamento ou asuman a realización das obras de urbanización e edificación nos termos fixados polos particulares, que deberán ser aprobados polo municipio. Nesta sociedade mercantil o municipio estará representado polo menos por unha persoa conselleira ou administradora, que ostenta un dereito de veto suspensivo por tempo máximo dun mes de calquera acordo social, tempo para que o municipio e a sociedade intenten chegar a acordo.
O art. 150 da Lei 9/2002 establece que o sistema de concerto poderase utilizar cando todos os terreos do polígono, excepto os de uso e dominio público, se é o caso, pertenzan a un só propietario ou ben cando todas as persoas propietarias do polígono garantan solidariamente a actuación.
A proposta de equidistribución no sistema de concerto deberase formalizar en escritura pública e será aprobada tras unha información ao público de 20 días.
A documentación pódese presentar ademais de na Área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible