Concello da Coruña

Concello da Coruña

Consulta Pública Previa á modificación da Ordenanza de instalación de terrazas en espazos públicos

Terrraza Coruña

Conforme co disposto no artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro , do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e co obxecto de incrementar a participación da cidadanía no procedemento de elaboración das normas, con carácter previo á elaboración do proxecto de modificación da Ordenanza municipal de instalación de terrazas en espazos de uso público do Concello da Coruña, realizarase unha consulta pública a través do portal web municipal do concello e web municipal de Mobilidade, na que se recollerá a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma.

A cidadanía, organizacións e asociacións que así o consideren, poderán facer chegar as súas opinións e suxestións sobre os aspectos incluídos na consulta, ata o próximo día 23 de decembro de 2021 mediante o formulario web.

Non será necesario que os remitentes estean identificados. Con carácter xeral, as achegas consideraranse confidenciais e de libre difusión. As partes que se consideren confidenciais deberán ser especificamente sinaladas e delimitadas nos comentarios, motivando as razóns para a devandita cualificación.

Moitas grazas pola súa colaboración na procura dunha mobilidade sostible, saudable e inclusiva, e unha repartición equitativa do espazo público.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión