Concello da Coruña

Concello da Coruña

Consulta pública previa á Ordenanza de mobilidade

Ordenanza

Problemas que se pretenden solucionar coa nova norma

A Ordenanza de mobilidade é o primeiro texto normativo do que se dota o Concello da Coruña, que intenta regular nun único documento aspectos que ata agora estaban regulados en diferentes ordenanzas municipais, ou que directamente non se regularon nunca.

Este labor integrador considérase necesario para definir e establecer o uso do espazo público, priorizando a mobilidade peonil e o transporte público, garantindo a saúde, a mellora da calidade do aire, a protección do medio ambiente e a accesibilidade universal, así como os dereitos das persoas con mobilidade diversa.

As ordenanzas existentes nesta materia, que están obsoletas, xa que desde a súa aprobación se produciron numerosos cambios lexislativos e sobre todo sociais; son as seguintes:

  • Ordenanza municipal de circulación (publicación da aprobación definitiva o 27 de maio de 2003)
  • Ordenanza municipal de transportes, aprobada o 19 de outubro de 1992, modificada posteriormente. A última modificación é do ano 1996.
  • Ordenanza do servizo público de Ordenación e Regulación do Aparcamento (ORA), aprobada definitivamente o 12 de xuño de 1998, con sucesivas modificacións, a última publicada o 31 de decembro de 2019.

Outras materias que tamén formarían parte do contido da nova Ordenanza municipal de mobilidade, e que nunca ata agora se regularon, son determinados aspectos novos como os vehículos de mobilidade persoal (VMP), os carrís bici ou os transportes de mercadorías, a última milla etc.

Zona 30

Obxectivos da norma

O proxecto normativo deberá de ter en conta os obxectivos específicos do Plan de mobilidade urbana sustentable da Coruña, aprobado en 2013, de acordo cos obxectivos xerais para os plans de mobilidade urbana sustentable establecidos de maneira xeral na Lei 2/2011, do 4 de marzo, de economía sustentable.

  • Fomento dos modos non motorizados
  • Potenciar o transporte público fronte ao automóbil privado
  • Uso máis racional do espazo público urbano
  • Incidir sobre a conduta de mobilidade da cidadanía
  • Contribuír á planificación sustentable do desenvolvemento urbano

Tamén deberá estar relacionado con moitos dos ODS (obxectivos de desenvolvemento sustentable) da Axenda 2030, por exemplo co obxectivo estratéxico O.E.5 da Axenda Urbana Española de favorecer a proximidade e a mobilidade sustentable.

Igualmente, a mobilidade sustentable é un dos 8 plans temáticos da Estratexia contra o Cambio Climático da Coruña, polo que o proxecto da norma deberá intentar integrar todos estes obxectivos cos seus contidos.

Resultados do procedemento de consulta pública previa

De conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, co obxectivo de mellorar a participación da cidadanía no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo ao borrador da Ordenanza de mobilidade da Coruña, levouse a cabo un proceso de consulta pública a través do portal web no que se solicitou a opinión das persoas e organizacións potencialmente afectados pola futura norma.

A ordenanza será redactada de acordo á Declaración da Coruña por unha Mobilidade Sustentable, aprobada pola Corporación municipal o 3 de outubro de 2019, cuxo obxectivo é a implicación de todos os axentes e sectores, públicos e privados, da cidade en favor dunha política de mobilidade sustentable.

Documentos relacionados

  • Resultados da elaboración da Ordenanza de mobilidade da Coruña (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión