Concello da Coruña

Concello da Coruña

DECRETO 35/2000, de 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.

O presente regulamento ten por obxecto desenvolver a Lei 8/1997, de 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, establecendo de forma pormenorizada as normas que garantan ás persoas con mobilidade reducida ou con calquera outra limitación a accesibilidade e a utilización da contorna urbana, de edificios, medios de transporte e sistemas de comunicación sensorial e promovendo á súa vez a utilización de axudas técnicas adecuadas que permitan mellorar a calidade de vida das persoas.

Ámbito:

Autonómico

  • Data de disposición: 28/01/2000
  • Data de publicación: 29/02/2000
  • Data de entrada en vigor: 01/03/2000

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2000/20000229/Anuncio43E6_es.html

Ademais de desenvolver a Lei 8/1997, de 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, tamén é obxecto deste regulamento o establecemento de medidas de fomento para conseguir a integración das persoas con limitacións, a regulación do control do cumprimento da normativa de aplicación na materia, o desenvolvemento do réxime sancionador previsto para o caso do incumprimento da normativa vixente, a desaparición progresiva de todo tipo de barreira ou obstáculo físico ou sensorial así como a definición concreta dos parámetros de accesibilidade recollidos no código de accesibilidade que deben ser tidos en conta en cada caso.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión