Concello da Coruña

Concello da Coruña

Día sen Coche

Un ano máis, celébrase o Día sen Coche en Santo André.

A alcaldesa, Inés Rey, quixo estar presente no peche da Semana Europea da Mobilidade, celebrando con todos o Día Sen Coches. Nesta ocasión foi acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz.

A peonalización temporal de Santo André durante os sábados e domingos, tivo grande aceptación. Para este evento, foi novamente pechado ao tráfico desde as 15.30 h ata as 20.30 h.

Para o goce das e dos camiñantes, nesta ocasión podían atopar ao seu paso, da man do Club de Atletismo, diferentes actividades, clases de zumba e taichí co profesorado de Coruña en Forma, danzas urbanas e desenvolver a actividade na praza de Santa Catalina, un taller de ergonomía e mecánica básica de bicicletas organizado por Mobi-liza, e un circuíto da DXT, organizado pola Policía Local da Coruña, entre outras actividades.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión