Concello da Coruña

Concello da Coruña

Día sen coches en San Andrés

San Andrés

Como cada ano o Día sen coches é a xornada de peche e con maior significación pública das celebradas na Semana Europea da Mobilidade.

A rúa de San Andrés xa é peonil cada fin de semana polo que a novidade que se ofrecía na xornada era a ocupación do espazo con actividades lúdicas e deportivas.

Entre os deportes elixidos este ano merece especial apunte a halterofilia.

Os levantadores e levantadoras de peso encheron a rúa fronte á fonte de Santa Catalina cos seus discos de pesas e mostráronlles ás persoas interesadas as dúas modalidades que rexen na súa competición: a arrancada e os dous tempos.

Que teñen que ver a halterofilia e a mobilidade?

O propósito municipal con estas actividades é devolverlle á cidadanía os espazos públicos. Por esa razón ten gran significación simbólica ocupar estas grandes vías para entregalas á peonalización ou ás bicicletas.

Na nosa cidade varios viarios polo volume de persoas usuarias que os empregan diariamente teñen gran repercusión no tráfico.

Desde logo Alfonso Molina, a avenida do Exército e San Andrés son algúns exemplos. Con todo, e grazas á ocupación peonil das fins de semana, entre a cidadanía evidénciase cada vez máis os desexos da súa peonalización diaria.

pl

Púidose gozar de actividades de libre acceso para as/os menores de man da Sección de Seguridade viaria de Policía Local.

Aprendendo o manexo da bicicleta nunha situación real na vía pública.

Descubrindo os sinais verticais e marcas viarias que lles afectan aos vehículos.

Respectando o paso das e dos viandantes, semáforos...

Aprendendo desde a perspectiva da función policial no que varios/as alumnos/as se vestiron con chalecos policiais e dirixiron o tráfico.

Creáronse vínculos de confianza coa figura da Policía Local desde unha actividade lúdica e educativa

Púidose montar un circuíto viario no que os/as máis pequenos/as gozaban da xornada.

pasacalles

O corte da circulación nesta vía pon o broche de ouro á Semana Europea da Mobilidade co seu Día sen coches.

San Andrés converteuse nun circuíto onde se puideron celebrar multitude de actividades enfocadas aos nenos e ás nenas, saíron á rúa os patinetes, patíns, cars, bicicletas que rodaron pola calzada en substitución do coche.

Para amenizar a xornada e poñer a nota musical, novamente este ano contouse cos pasacalles, coa súa actividade de animación pola rúa para o goce dos e das que asistiron a esta xornada.

Neste día, pretendéronse divulgar os novos modelos de mobilidade urbana e concienciar a cidadanía sobre as alternativas de transporte máis sustentable e respectuoso co medio ambiente e coas necesidades da cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión