Concello da Coruña

Concello da Coruña

Friday Mobility Night Especial Samaín 2021

friday

O 5 de Novembro tivo lugar unha nova edición da Friday Mobility Night coa festa especial de Samaín!!.

A Coruña celebrou unha marcha conxunta de usuarios de Bicicletas, VMP e patinetes polas rúas da cidade, en colaboración con Mobi-liza, Galicia Rollers e a Asociación Coruñesa de Usuarios de Vehículos de Mobilidade Persoal.

Esta actividade enmárcase no Plan "CoruñaToda30".

A marcha nocturna, realizouse o venres 5 de Novembro desde a praza de María Pita ás 21.30h e o percorrido foi o seguinte:

  • Praza María Pita (saída e chegada)
  • Avda Mariña , Carril bici diante do Colón, praza Mina, Sánchez Bregua, praza Ourense, avda Linares Rivas, Marcial Adalid desviou a Primo de Rivera, Primo de Rivera, praza Palloza, rúa Avogacía (punto reagrupacion)
  • Ramon e Cajal, avda Oza, rúa Palloza, avda Primo de Rivera (carril bici), avda Linares Rivas, Xardíns (mini parada reagrupando)
  • Praza Mina, Juana de Vega, Durán Loriga, rúa Alameda, San Andrés, rúa Nova, rúa Real, María Pita.

Nesta nova edición fíxose unha ruta temática polo que o único requisito foi presentarse vestid@ cun disfrace de SAMAIN .

Podes acceder ao percorrido desde aquí.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión