A Mesa de Mobilidade contribuíu un ano máis á Semana Europea da Mobilidade coa realización do III Foro da Mesa da Mobilidade Sostible.
Este ano baixo o lema: "Protagonistas da mobilidade coruñesa".
A alcaldesa, Inés Rey, foi a encargada de inagurar o Foro da Mesa da Mobilidade, e defendeu unha cidade máis sostible, máis accesible e máis segura.
Contouse con grandes protagonistas da mobilidade como Ana Montalbán, secretaria técnica da Asociación da Rede de Cidades que Camiñan, que destacou o traballo realizado nos últimos anos na Coruña, para adaptarse ao decálogo da rede onde o dereito ao espazo público é o elemento central.
A Rede de Cidades pola Bicicleta non podía faltar, e a súa intervención a través de videoconferencia da man de Benjamín Aguilar, asesor técnico da rede, que destacou os principais retos da mobilidade ciclista nas cidades e áreas metropolitanas.
Por parte do Laboratorio de Mobilidade Sostible da UDC, a protagonista foi Margarita Novales, que foi a encargada de expoñer as vantaxes e oportunidades do transporte público colectivo para as e os viaxeiros, e destacou as boas cifras do servizo da Coruña e as melloras para implantar pola Compañía de Tranvías.
O peche desta primeira parte do foro realizouno a Federación de Asociación de Veciños da Coruña, María Luisa Varela, a súa presidenta, que mostrou imaxes da transformación da cidade nas últimas décadas e apostou por unha cidade con espazos públicos de maior calidade pensados para as persoas.
Na segunda parte do foro, o concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Dinís Díaz Gallego, e presidente da Mesa de Mobilidade, foi o protagonista da mobilidade coruñesa.
A través dun relatorio no que lles levou ás persoas asistentes as iniciativas dunha mobilidade sostible, distintos enfoques e accións que se aplicaron na cidade. Presentou os avances en equipamento de mobilidade implementados neste mandato de 3 anos conectando A Coruña e garantindo o dereito ao espazo público da cidadanía.
Sumouse a continuación Iago Domínguez, do Clúster da Función Loxística de Galicia, que expuxo os problemas da distribución urbana de mercadorías nas cidades e as posibles melloras para implementar e destacou os avances na Coruña coa mesa de traballo da Mesa de Mobilidade Sostible.
A continuación Teresa Firvida, da Asociación de Empresarios de Agrela, explicou as melloras implementadas no polígono e as necesidades das persoas traballadoras, empresas e usuarias del.
Por último, representantes da nova mobilidade que chegou para quedar, da man de Alejandro Voces de Mobi-liza, Iván Rama, do Club Galicia Rollers e Enrique Fernández da Asociación Coruñesa de Usuarios de Vehículos de Mobilidade Persoal, que expresaron as súas preocupacións a favor dunha mellor mobilidade na nosa cidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible