Concello da Coruña

Concello da Coruña

Iluminación Pública da Cidade

iluminación

Durante a Semana da Mobilidade 2021, o Concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, presentou unha actualización do mapa de luz da cidade da Coruña.

Inclúe toda a rede de iluminación coas súas características, co fin de conseguir unha iluminación máis sostible e segura, reducir os niveis de contaminación e o consumo de enerxía, o mapa é unha ferramenta GIS soportada por un motor de cálculo de iluminación, que cargou toda a rede da cidade e permite estudar e simular o comportamento da rede de iluminación, unha especie de modelo dixital.

Unha ferramenta que permite monitorar con datos reais as necesidades de iluminación de toda a cidade e mesmo analizalas tendo en conta o tipo de vías e tipos de velocidades nas estradas, o que permite coñecer os niveis de sobreiluminación e subiluminación das rúas da cidade e modular o tipo de iluminación.

Trátase, por tanto, dunha nova ferramenta, única no noso país, que leva varios anos funcionando e xa está rematada. Actualizala e explotala é un reto para o servizo de iluminación, xa que permite analizar a iluminación da cidade e optimizar as solucións técnicas para a súa modernización, calculando as mellores solucións enerxéticas e de iluminación ambiental.

O mapa combinará as necesidades de iluminación da cidade coas necesidades de seguridade e reducirá os niveis de consumo enerxético de electricidade e contaminación. O cambio nas clases de iluminación nas rúas da cidade traducirase en importantes aforros de enerxía e unha mellora na calidade ambiental.

Villoslada lembrou que o obxectivo do Goberno de Inés Rey  é renovar a iluminación pública da cidade nos próximos tres anos cunha axuda europea de 12,6 millóns de euros, despois de que o Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico ratificase o proxecto presentado polo Executivo local para mellorar a eficiencia da cidade. Unha cifra que o Concello completará con 3,1 millóns de euros, ata alcanzar a cantidade total de 15,7 millóns de euros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión