Concello da Coruña

Concello da Coruña

Imposto sobre vehículos de tracción mecánica

O imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) é un imposto real, directo e obxectivo, de titularidade municipal e de exacción obrigatoria que se encontra nos artigos 92 a 99 do TRLRHL e na ordenanza fiscal número 52.

Feito impoñible:

O feito impoñible está constituído pola titularidade dos vehículos de tracción mecánica aptos para circular polas vías públicas, calquera que sexa a súa clase e categoría.

Obrigado tributario:

Son suxeitos pasivos deste imposto as persoas físicas ou xurídicas a cuxo nome conste o vehículo no permiso de circulación.

Tarifas do imposto:

O imposto esixirase de acordo co cadro de tarifas establecido no artigo 95.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, ás que se aplicarán os coeficientes fixados na disposición adicional primeira. O devandito cadro de tarifas consiste en asignar a cada clase de vehículo, en función do seu "factor tributario" (potencia, número de prazas, capacidade de carga útil ou cilindrada), unha cantidade ou cota en euros.

Beneficios fiscais:

Exencións

  • Vehículos conducidos por persoas con discapacidade (art. 93.1 e texto refundido da Lei HHLL)
  • Vehículos destinados ao transporte de discapacitados (art. 93.1 e texto refundido da Lei HHLL).
  • Tractores, remolques e semirremolques provistos da cartilla de inspección agrícola (art. 93.1 g texto refundido da Lei HHLL).

Bonificacións

  • Bonificación do 100% para vehículos históricos ou aqueles que, a 31/12/2015, teñan unha antigüidade mínima de 25 anos (art. 5.1 OF n.º 52).
  • Bonificación do 75% durante 6 anos naturais desde a súa primeira matriculación para vehículos híbridos (art. 5.2.a OF n.º 52).
  • Bonificación do 75% con carácter indefinido para vehículos de motor eléctrico e/ou emisións nulas (art. 5.2.b OF n.º 52).
  • Bonificación do 75% para vehículos que utilicen como combustible biogás, gas natural comprimido, metano, metanol, hidróxeno e GLP ou mixtos GLP-gasolina en motores de ciclo OTTO (art. 5.2.c OF n.º 52).

Impresos e outros documentos

  • mod 041 Solicitude de beneficios fiscais IVTM (119 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión