VAL
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións
Urbanismo e infraestruturas, Obras e infraestruturas, Vías Públicas, Rehabilitación, Licenzas e aperturas
Si
Solicitude de autorización para a instalación de valos, andamios e casetas de obra en dominio público sometidas á previa autorización municipal a través de licenza.
Instalación de valos de obra, andamios ou elementos de apeiro en edificios
Persoas físicas ou xurídicas que pretendan realizar a instalación.
Formulario específico de solicitude debidamente cuberto acompañado da documentación necesaria
Trátase dunha autorización suxeita a taxa, conforme á Ordenanza fiscal núm. 27 reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construción, puntais, andamios e outras instalacións análogas e a Ordenanza fiscal núm. 1, reguladora da taxa por tramitación ou expedición de documentos administrativos.
O pagamento das taxas é un depósito previo segundo o disposto nas ordenanzas fiscais, polo que o xustificante do pagamento deberá achegarse xunto coa solicitude.
A carta de pagamento das taxas correspondentes poderase obter no edificio de servizos económicos da rúa Franxa, 20-22, C.P. 15001 A Coruña, ou na seguinte ligazón que o levará á Sede Virtual do Contribuínte.
Titular da Dirección de Área de Infraestruturas e Mobilidade
No caso de que desexe solicitar unha prórroga, poderá realizarse a través do trámite de sede "Acto de trámite de presentación de documentación e/ou alegacións a un expediente" dispoñible en Achega de documentación no que deberá indicar o seu número de expediente.
Normativas relacionadas
Sen prazo
En todos os casos:
En caso de actuación mediante representante
En caso de andamios/instalacións en altura
Documentos relacionados
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
Se desexa obter a Carta de pagamento da taxa correspondente poderá obtela a través da seguinte ligazón na Sede Virtual do Contribuínte.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=363
AVISO IMPORTANTE:
Este procedemento debe utilizarse exclusivamente para presentar a solicitude inicial de Instalación de valos, andamios e casetas de obras.
Se vostede quere:
- solicitar unha prórroga do prazo concedido inicialmente
- solicitar unha ampliación de instalacións
- emendar ou achegar documentación para unha solicitude presentada anteriormente,
deberá utilizar o procedemento xenérico de Achega de documentación, no que deberá indicar o número de expediente asignado á súa solicitude inicial, o cal poderá consultar no apartado A MIÑA SEDE - CARPETA CIDADÁ - OS MEUS EXPEDIENTES
Tres meses desde a presentación da documentación completa
Desestimatorio
Contra a Resolución de concesión/denegación da instalación solicitada poderanse interpoñer os seguintes recursos:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible