Esta lei ten por obxecto garantirlles ás persoas con discapacidade a igualdade de oportunidades en relación coa accesibilidade universal e o deseño para todos respecto das contornas, procesos, bens, produtos e servizos, así como en relación cos obxectos ou instrumentos, ferramentas e dispositivos, de modo que se fagan comprensibles, utilizables e practicables por todas as persoas, en igualdade de condicións de seguridade e comodidade e da maneira máis autónoma e natural posible.
Autonómico
A Lei de accesibilidade de Galicia ten como obxectivos conseguir unha sociedade inclusiva e accesible que garanta a autonomía das persoas, evite a discriminación e favoreza a igualdade de oportunidades para toda a cidadanía, especialmente para as persoas que teñen discapacidades, nun marco demográfico tendente ao incremento da esperanza de vida e ao envellecemento da poboación; dispoñer dun marco normativo propio, simplificado e eficiente, en materia de accesibilidade, adecuado ás directrices internacionais e estatais, no exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia; e facer realidade o concepto de accesibilidade e deseño para todas/os, nos procesos, proxectos, produtos e servizos, de modo que se facilite o uso universal, con plena seguridade, do medio físico, evitando gastos posteriores de eliminación de barreiras.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible