Concello da Coruña

Concello da Coruña

Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

A presente lei ten por obxecto estruturar e regular, como servizo público, os servizos sociais en Galicia para a construción do sistema galego de benestar.

  • Data de disposición: 03/12/2008
  • Data de publicación: 18/12/2008
  • Data de entrada en vigor: 18/03/2009

Fecha de publicación:

18 de decembro de 2008

Páxina web:

https://www.boe.es/eli/es-ga/l/2008/12/03/13/con

Mediante a presente lei os poderes públicos galegos garanten como dereito reconocible e esixible o dereito das persoas aos servizos sociais que lles correspondan en función da valoración obxectiva das súas necesidades, a fin de posibilitar que a súa liberdade e igualdade sexan reais e efectivas, removendo os obstáculos que impiden ou dificultan a súa plenitude e facilitando a participación de todas e todos na vida política, económica, cultural e social.

Así mesmo, constitúe o obxecto da presente lei posibilitar a coordinación do sistema galego de servizos sociais cos demais elementos do sistema galego de benestar e coas políticas públicas sectoriais que incidan sectorial ou transversalmente na mellora do benestar da cidadanía galega.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión