Abordar unha arquitectura e un urbanismo accesibles con carácter xeneralizado, un transporte público -taxis e autobuses- ao alcance dos cidadáns con mobilidade reducida (anciáns, discapacitados, impedidos circunstanciais, etc.) e unha comunicación que chegue a todos, mesmo aos que con deficiencias sensoriais conviven na nosa sociedade.
Autonómico
É obxecto da presente Lei:
a) Garantir ás persoas con mobilidade reducida ou calquera outra limitación a accesibilidade e utilización da contorna urbana, de edificios, medios de transporte e sistemas de comunicación sensorial.
b) A promoción de axudas técnicas para mellorar a calidade de vida das citadas persoas.
c) O establecemento de medidas de fomento para conseguir a integración das persoas con limitación.
d) O control do cumprimento da normativa de aplicación na materia e o establecemento do correspondente réxime sancionador para as infraccións cometidas.
e) A desaparición das barreiras ou obstáculos físicos ou sensoriais existentes
tivos conseguir unha sociedade inclusiva e accesible que garanta a autonomía das persoas, evite a discriminación e favoreza a igualdade de oportunidades para toda a cidadanía, especialmente para as persoas que teñen discapacidades, nun marco demográfico tendente ao incremento da esperanza de vida e ao envellecemento da poboación; dispoñer dun marco normativo propio, simplificado e eficiente, en materia de accesibilidade, adecuado ás directrices internacionais e estatais, no exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia; e facer realidade o concepto de accesibilidade e deseño para todos, nos procesos, proxectos, produtos e servizos, de modo que se facilite o uso universal, con plena seguridade, do medio físico, evitando gastos posteriores de eliminación de barreiras.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible