Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Trátase de actos administrativos de natureza regrada que habilitan a quen os solicita e obtén para a implantación da actividade que se proxecte. No caso de que a tal fín necesítese a execución de obras no inmoble, a licenza de obras solicitarase ao mesmo tempo que a de actividade e resolveranse nun único acto administrativo. Achegarase o proxecto correspondente, se fose o caso, e sempre se achegará un cadro de superficies, con indicación de usos. Na tramitación terá prioridade a licenza de actividade de tal modo que se non procedese a súa autorización non se entrará a resolver a de obras e así se lle comunicará ao solicitante. Xa que esta última non ten outra función que a da implantación da actividade que non sería autorizable.
Plano de situación asinado por técnico competente, tomando como base os do PXOM.
Plano de emprazamento do local no edificio e respecto da vía pública asinado por técnico competente.
Planos de planta e sección do local a escala 1:100 con indicación de cotas, distribución, superficie útil e construída, e alturas ó Proxecto Técnico se a superficie do local é superior a 100 m2.
Memoria descritiva da actividade.
Acta de constitución da Sociedade e acreditación da Representación.
Se os solicitantes constitúen unha Sociedade civil ou comunidade de bens, farase constar o nome de todos os socios ou comuneiros.
Alta en IAE na dirección para a cal se solicita a licenza de apertura ou módelo 036 (antes da concesión da licenza).
Nota simple rexistral ou escritura de propiedade do local.
Documento que acredite a posesión do local (contrato de arrendamento, compra-venda, ó título acreditativo de doazón, herdanza, legado ou usufructo).
Licenza de obra (ou en caso contrario sinalar que non se realizan en Observacións "").
A documentación pode presentarse ademais de en a área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible