Concello da Coruña

Concello da Coruña

Marcha ciclista

marcha ciclista

Na celebración da Semana Europea da Mobilidade, o Concelleiro de Mobilidade e Deportes asiste á marcha ciclista

Dentro do marco da programación da Semana Europea da Mobilidade, o día 19 realizouse unha marcha ciclista, para que persoas de todas as idades poidan descubrir a mobilidade saudable.

Decathlon sumouse a esta campaña cun programa de actividades para que os cidadáns e cidadás poidan descubrir a mobilidade saudable e os seus beneficios, tanto físicos como mentais, e axudarlles así a promover un cambio de hábitos na forma de desprazarse.

Ademais do impacto positivo nas persoas, a mobilidade saudable contribúe tamén a reducir as emisións nas cidades e a contaminación acústica e do aire para conseguir unhas cidades máis limpas, sas e sostibles.

O Concello da Coruña non dubida en promover esta actividade física, a bici non só é un produto de mobilidade, moverse alonga a vida, favorece o respecto ao medio ambiente e estilos de vida máis saudables.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión