A alcaldesa, Inés Rey, acompañada polo concelleiro de Mobilidade, Francisco Dinís Díaz Gallego, presentou o 07/06/22 a renovación e ampliación do servizo público de préstamo de bicicletas da cidade da Coruña.
Inés Rey: “As novas bicis eléctricas serán a base dunha mobilidade moderna e sostible para A Coruña”
O sistema actual de préstamo de bicicleta pública do Concello da Coruña, BiciCoruña, está composto na actualidade por 23 estacións aparcabicis, distribuídas ao longo da cidade, cun total de 356 ancoradoiros e 180 bicicletas en rotación.
Despois de máis de doce anos de funcionamento e crecemento continuo en persoas usuarias e usos, proponse como estratexia de cidade a renovación completa e ampliación do sistema de préstamo de bicicletas, denominado BiciCoruña, para o que se propón un sistema mixto con bicicletas con apoio ao pedaleo, comunmente coñecidas como bicicletas eléctricas, e convencionais. A finalidade da ampliación do sistema, así como a introdución da bicicleta eléctrica, é acceder a zonas da cidade máis afastadas que nestes momentos están desconectadas do sistema e fomentar así o uso da bicicleta como alternativa de transporte para a cidadanía por mor dunha mobilidade sostible.
Impulsouse, dentro da Estratexia Eidus Coruña con fondos FEDER, unha contratación para a subministración dun total de 514 bicicletas (342 mecánicas e 172 con apoio ao pedaleo) e 55 estacións, xunto cun sistema de xestión TIC mediante web e app; con esta renovación preténdese mellorar a rede ciclable existente, así como fomentar e facilitar o uso dos itinerarios propostos, coa mellora da intermodalidade bici/transporte público. As estacións destinaranse a substituír as 23 actuais que quedaron obsoletas e as 32 restantes situaranse en todos os barrios da cidade que decidiu a cidadanía nos procesos participativos dos orzamentos municipais co obxecto de dotar a cidade da Coruña dun sistema de préstamo de bicicletas moderno, seguro e en liña das principais cidades europeas e favorecer así a mobilidade peonil e ciclista e aumentar o atractivo do espazo peonil.
Accede ao gráfico do Número de usos totais do servizo de BiciCoruña
II fase
Dentro dos fondos Next Generation, incluíuse unha segunda actuación de ampliación do parque de bicicletas, co obxectivo de aprovisionamento de 165 bicicletas con apoio ao pedaleo para impulsar o uso deste xeito de transporte activo entre a cidadanía. Complementarase coa adquisición por parte do concello de 75 prazas de aparcabicis seguros de uso público. Estes elementos instalaranse en puntos de intermodalidade existentes próximos a estacións e estacionamentos disuasorios, incluíndo lugares de transbordo, tanto de autobuses urbanos, como interurbanos.
Estas medidas tratan de desenvolver unha política integral da bicicleta, facilitando os desprazamentos nela e promovendo a mobilidade ciclista, inclusiva e universal, ao tempo que se reduce a contaminación asociada ao uso de vehículos ao fomentar os modos non motorizados e diminuíndo a emisión de gases contaminantes e ruído.
O estado dos traballos desta fase pode consultarse aquí.
A Coruña comeza a fase I de instalación das novas estacións de Bicicoruña.
Nesta primeira parte un total de 23 estacións poñeranse en marcha, das que 13 delas terán novas localizacións e as outras 10 substituiranse por outras máis modernas.
O concello promove a renovación e ampliación da rede de puntos do servizo municipal de préstamo de bicicletas, incorporando vehículos con axuda ao pedaleo mediante tecnoloxía eléctrica. Aposta, unha vez, por unha nova mobilidade, na que se intenta poñer ao alcance de todas e todos outros medios de transportes, e adecúase máis a accesibilidade para unha cidade que pedalea.
Accede ao gráfico da Evolución do número de usuarias e usuarios do servizo de BiciCoruña
As primeiras 23 bases da fase I son:
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible