Unha vez máis o espectáculo está servido.
Amenizando os eventos durante a Semana Europea da Mobilidade, foron moitos os grupos que acompañaron coa súa música e os seus bailes os actos.
Gaiteiriños, foi o encargado de dar o pistoletazo de saída na inauguración do Obelisco, onde amenizaron a velada coa súa música.
A Asociación de Coros e Danza Eidos, tamén quixo estar presente co seu grupo folcrórico.
Acorde Secreto, co seu grupo vocal composto por 30 persoas creado en febreiro de 2014, con gran variedade de cancións do século XX.
Follas novas, co seu nome da soada obra de Rosalía de Castro.
Donaire, unha asociación cultural creada na Coruña a comezos do século XXI cuxo obxectivo de recuperar e difundir a cultura tradicional e folclore galego.
Canticorum, fundada en novembro de 1995, formada por 25 voces mixtas, as súas actuacións céntranse no canto coral, tanto a capela como con acompañamento.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible