Concello da Coruña

Concello da Coruña

O concello leva o seu Plan Coruña Camiña ás rúas da cidade

Corredores e ciclistas estrean carril

A Coruña móvese!! Convértese nunha cidade que vai a pé e que aposta por unha mobilidade sostible.

Corredoras/es e ciclistas gozan xa do carril no Paseo Marítimo, no tramo que vai desde os Surfeiros ata o Aquarium.

Trátase do carril máis próximo ao mar. Tapáronse os raís do tranvía, co fin de reordenar o espazo peonil e mellorar a seguridade viaria que a veciñanza viña demandando desde hai tempo.

A alcaldesa, Inés Rey , lembrou a boa acollida do primeiro tramo do novo carril, entre os Surfeiros e As Escravas, e sinalou que "a actuación forma parte do plan de mobilidade sostible que o Concello está a desenvolver e que supón unha aposta por un modelo de cidade". O plan, apuntou, que lle dá protagonismo á veciñanza, á peonalización das rúas e á mellora do transporte público.

O Concello está a traballar por unha mobilidade sostible, unha mobilidade vinculada aos espazos públicos, por unha Coruña 30, para construír "unha cidade máis segura para a veciñanza". Deste xeito, o Concello cumpre co seu compromiso, poñendo á disposición da cidadanía un quilómetro máis entre os Surfeiros e o Aquarium, de tal maneira que a lonxitude total do novo carril para ciclistas e corredoras/es alcanza os 2,7 quilómetros e permitirá ás persoas deportistas dispoñer de máis espazo para practicar exercicio e liberar así máis zona peonil no paseo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión