Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Servizo Municipal de Mobilidade está de aniversario

Fai o seu primeiro ano o semáforo restaurado da Estación de Autobuses, inaugurado o ano pasado na Semana Europea da Mobilidade.

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, con motivo da Semana Europea da Mobilidade presentou o ano pasado nas dependencias da Concellería de Mobilidade o semáforo restaurado pintado coas cores de LGTBI situado nas dependencias da Estación de Autobuses. Cómpre lembrar que o Goberno Local está a utilizar estas cores no mobiliario urbano como unha maneira simbólica de mostrarlle o seu apoio ao colectivo.

Como non podía ser doutra maneira, quixo volver para unirse á celebración do primeiro aniversario.

Nesta ocasión o alumnado do colexio CEIP San Francisco Javier, aproveitando a marcha escolar pola rolda peonil e acompañado por Policía Local, non só gozaron do paseo, senón tamén de ser parte desta celebración.

Para goce do alumnado, á chegada á estación, tiñan preparados dous coches eléctricos, presentados o ano pasado, parte da nova frota móbil do Concello de vehículos eléctricos para reducir as emisións de carbono, co fin de promover a mobilidade sostible, saudable e segura pola cidade.

Aproveitando a visita das e dos escolares, foron acompañados a dar unha volta pola Sala de Pantallas e Control do Tráfico, situada nas dependencias da Estación de Autobuses.

O alumnado puido comprobar como se controla a circulación da cidade. Déuselles unha charla sobre o funcionamento da sala e miraban curiosos/as todas as instalacións que atoparon nela.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión