Na celebración da Semana Europea da Mobilidade, contamos coa demostración do Shuttle autónomo do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG)
A Alcaldesa, Inés Rey, liderou a viaxe inaugural nesta semana Europea da Mobilidade co vehículo de transporte de pasaxeiros eléctrico e autónomo.
Acompañada por Francisco Dinís Díaz Gallego, Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade.
O Shuttle autónomo fixo viaxes pola zona da Mariña e o Obelisco da Mobilidade, para todos os que desexaron probar gratuitamente este servizo de transporte innovador que se está empezando a implementar en diferentes cidades de Europa, como un medio de transporte de última milla sostible.
O Shuttle autónomo do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) é un prototipo de vehículo de última milla eléctrico, autónomo e conectado cun enfoque altamente tecnolóxico e versátil, buscando satisfacer as necesidades de mobilidade de diferentes tipos de usuarios, xa sexan cidadáns, turistas, persoas de mobilidade reducida etc.
O vehículo dispón de pantallas interiores e exteriores configurables onde se mostra información, ten capacidade para 12 pasaxeiros, a súa velocidade máxima é de 40 km por hora na cidade, ten unha autonomía de 11 horas, consta dunha pantalla exterior coa finalidade de informar o resto de usuarios da vía, cando o vehículo vai facer unha manobra de estacionamento, cambio de carril ou paradas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible