Concello da Coruña

Concello da Coruña

Plataformas e carrís reservados para bicicletas e/ou vehículos de mobilidade persoal mediante nova construción e novos trazados

Actuación 4_Para lograr un espazo urbano de calidade e seguro, proponse incrementar o espazo público destinado a peóns e ciclistas, acondicionando as vías para mellorar a súa seguridade, tendo en conta en todo momento a accesibilidade desde o punto de vista funcional, estético, social e económico, en cumprimento dos obxectivos xerais do PMUS. Con esta actuación fomentarase o cambio modal na contorna urbana cara a modos de transporte máis sostibles, humanizando os espazos e priorizando a mobilidade activa.

Definidos maioritariamente mediante procesos participativos e situados en gran parte na ZBE que se pretende implantar na cidade, os itinerarios ciclistas pretenden conectar as zonas comerciais, os barrios e os puntos singulares da cidade, potenciando o uso da bicicleta e mellorando a accesibilidade. Deséñanse para que resulten seguros, directos, cómodos e atractivos.

As actuacións atópanse englobadas dentro das actuacións 4 e 5 do Plan nº 6, Programa nº 2 da actual Estratexia Municipal Contra o Cambio Climático para a consecución do obxectivo de redución do 40 % de emisións no horizonte 2030. Igualmente forma parte do eixo E1 actuación 12 do Plan de Acción contra o Ruído vixente.

Esta actuación ademais contribúe á consecución dos obxectivos que se exporán para a Axenda Urbana Sostible 2030 do Concello da Coruña, que actualmente está en desenvolvemento e que estará aliñada coa Axenda Urbana Española 2030, en concreto no seu obxectivo estratéxico nº 5 relativo a favorecer "a proximidade e a mobilidade sostible, dando resposta aos seus obxectivos específicos de impulsar a cidade de proximidade e potenciar modos de transporte sostibles" e as súas liñas de actuación, entre as que figura a seguinte:

  • Desenvolver redes peonís e ciclistas, incluíndo os novos desenvolvementos urbanos, garantindo desprazamentos non motorizados seguros e nunha contorna amigable.

Neste ámbito, a actuación tamén contribúe á medida 6.2 Plan de Mobilidade Urbana Sostible PMUS, xa aprobado polo Concello no ano 2013, e que contempla, entre outras submedidas ou programas de actuación, a seguinte:      

2.2. Programa de Promoción dos desprazamentos non motorizados

            5.-Promoción da bicicleta como medio de transporte.

Con esta actuación, enmarcada na execución constante de carrís bici por todo os barrios da cidade e as súas conexións de tramos xa existentes, preténdese dar un impulso máis ao uso da bicicleta como medio de transporte alternativo non motorizado, co que se pretende fomentar o cambio modal na contorna urbana cara a modos de transporte máis sostibles, priorizando a mobilidade activa a través do uso de bicicleta.

Dentro desta actuación preténdense levar a cabo os seguintes proxectos:

1.- Conexión do carril bici da estrada de Baños de Arteixo coa avenida da Sardiñeira e a rúa Cesuras: co obxecto de dar continuidade á senda ciclista que se está construíndo no polígono de Agrela, comunicando dita senda coa trama urbana da cidade e os distintos barrios. Prevé itinerarios específicos para ciclistas e mellora da accesibilidade.

Con este proxecto preténdese satisfacer unha serie de necesidades:

- Conectar a zona comercial co centro da cidade mediante itinerario ciclista

- Potenciar o uso da bicicleta

- Mellorar a accesibilidade

A actuación xa foi executada e as obras finalizaron en data 3 de novembro de 2021.

2.- Mellora do carril bici conexión San Roque- Paseo Marítimo, co obxecto de proxectar un carril bici na zona de San Roque, dando continuidade ao executado na zona de Náutica- Escravas- Milenium, e achegando ao existente en avenida Pedro Barrié da Maza, favorecendo a mobilidade alternativa peonil e ciclista segura na zona.

Con este proxecto satisfanse as seguintes necesidades da cidade:

  • Conexión de tramos de carril bici.
  • Mellora da mobilidade alternativa peonil e ciclista.
  • Mellora da accesibilidade e comunicación do carril bici.
  • Dotar a zona de materiais resistentes e duradeiros, diminuíndo o mantemento e conseguindo unha maior durabilidade.
  • Mellora do exterior do Colexio Escravas para o uso e gozo dos nenos e nenas.
  • Mellora da seguridade viaria, ao separar bicicletas e peóns.
  • Modernización da contorna do colexio.

A actuación xa foi executada e as obras finalizaron no mes de maio de 2022.

3.- Reurbanización da avenida de Fernández Latorre entre a glorieta de Ramón y Cajal e a rúa Puga e Parga: preténdese adaptar o tramo dita avenida, entre a glorieta de Ramón y Cajal e a rúa Puga e Parga, ás actuacións que se executaron recentemente na súa contorna, favorecendo a mobilidade peonil e ciclista. Elimínase un carril de circulación e proxéctase un carril bici unidireccional que conecta cos carrís xa creados.

Coas actuacións incluídas no proxecto preténdese acometer unha reurbanización para satisfacer as seguintes necesidades:

- Redución do espazo dedicado a vehículos en beneficio de peóns e mobilidade ciclista. Implantación de carrís bici en ambos os sentidos conectados cos construídos na glorieta de Ramón y Cajal e a rúa Puga e Parga. Ensanche da beirarrúa dos números impares, xerando unha sección simétrica. Implantación dun novo paso de peóns á altura da praza de Benito Branco Rajoy para mellorar a conectividade de ambas as marxes. Recollida de augas pluviais establecendo un sistema separativo. Renovación da rede de augas fecais se procede. Renovación da iluminación pública. Renovación da canalización municipal. Renovación de pavimentos de beirarrúas e calzada. Renovación da sinalización horizontal e vertical. Desprazamento de semáforos segundo as necesidades do deseño e implantación de ópticas mixtas bicipeón. Dotación de mobiliario urbano e de árbores. Adaptación á normativa de accesibilidade.

As obras iniciáronse no mes de setembro de 2022 e contan cun prazo de execución de 7 meses, prevéndose a súa finalización en maio de 2023.

4.- Carril bici na avenida da Habana e rúa Gregorio Hernández: co obxecto de construír un carril bici na avenida da Habana e a rúa Gregorio Hernández e mellora das condicións, tanto para peóns como para ciclistas, na intersección de ditas vías.

Ademais, existen outra serie de obxectivos a satisfacer con esta actuación:

Incrementar o espazo público destinado a peóns e ciclistas, acondicionando as vías existentes para mellorar a seguridade dos mesmos, tendo en conta en todo momento a accesibilidade desde o punto de vista funcional, estético, social e económico, en cumprimento dos obxectivos xerais do PMUS. Preténdese mellorar a rede ciclable existente, así como fomentar e facilitar o uso dos itinerarios propostos. Xunto a iso, procederase á ampliación do sistema actual e mellora da intermodalidade bici/transporte público. Coa realización deste proxecto na zona preténdese acometer unha mellora e modernización da zona para satisfacer, principalmente, as seguintes necesidades:

- Construción de carril bici.

- Acondicionamento das paradas de autobús.

- Reestruturación da intersección entre as dúas vías, Habana e Gregorio Hernández.

- Incremento de árbores e superficies verdes.

- Reordenación do aparcadoiro.

- Reposición dos sistemas de iluminación pública e de servizos e instalacións afectadas polas obras.

As obras xa se iniciaron no mes de agosto de 2022 e contan cun prazo de execución de 12 meses, polo que a data prevista de finalización das obras será no mes de agosto de 2023.

5.- Creación de senda ciclista no barrio - Distrito 6 avenida de Lamadosa: para a creación dun novo itinerario seguro para os ciclistas entre zonas residenciais e núcleos de servizos e/ou centros industriais ou loxísticos, complementada con actuacións de mellora da accesibilidade.

Os obxectivos que se pretenden alcanzar con estas obras son:

  • Incrementar o espazo público destinado a peóns e ciclistas, acondicionando as vías existentes para mellorar a súa seguridade
  • Mellorar a accesibilidade da infraestrutura ciclista desde o punto de vista funcional, estético, social e económico, en cumprimento dos obxectivos xerais do PMUS
  • Fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte alternativo non contaminante para reducir a contaminación asociada ao uso de vehículos motorizados
  • Conectar as zonas comerciais, os barrios e os puntos singulares da cidade, potenciando o uso da bicicleta e mellorando a accesibilidade
  • Diminuír a emisión de gases contaminantes derivados da mobilidade urbana                     

O proxecto contaba cun prazo de 3 meses e tras o inicio das obras no mes de outubro de 2022, xa se executou na súa totalidade e as obras finalizaron en decembro de 2022. Achéganse fotografías do antes e despois das obras.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión