Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación do Semáforo restaurado na Estación de Autobuses

O concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, e a Concelleira de Benestar Social, Yoya Neira con motivo da Semana Europea da Mobilidade presentaron nas dependencias da Concellaría de Mobilidade, o semáforo restaurado pintado coas cores LGTBI

Na estación tiveron a oportunidade de ver o semáforo pintado coas cores LGTBI que a Concellaría de Mobilidade restaurou co obxectivo de visibilizar o colectivo e os seus dereitos.

O Goberno local está a utilizar estas cores no mobiliario urbano como unha maneira simbólica de mostrarlle o seu apoio ao colectivo.

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, destacou a iniciativa, e confía en que "sexa a primeira actuación de moitas máis", a importancia dos símbolos "nun momento en que a comunidade LGTBI está a ser maltratada por parte de sectores moi reaccionarios, mais que están aí".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión