Este evento, que se desenvolverá en quince cidades españolas, pasou xa por Zaragoza e Oviedo, A Coruña é a terceira, e conta con coches eléctricos e híbridos de última xeración que poderán probar os usuarios, ademais de experiencias en realidade virtual para mergullarse no que debería ser unha "cidade 30".
O Programa Urban, organizado por Renault Group e en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT), comezará a súa andaina no VI Encontro de Cidades para a Seguridade viaria e a Mobilidade Sostible que se celebrará en Zaragoza os días 21 e 22 de outubro e finalizará en maio de 2022.
O concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestrutura e Mobilidade da Coruña, Juan Manuel Díaz, que se centrou na importancia de ter en conta a "Emerxencia climática en ámbito urbano, a prioridade sempre ten que ser o peón".
Na presentación do programa Urban o seu director, Jesús Ramos, partidario de que "o peón recupere espazo nas cidades de toda España", unha idea compartida por todas as autoridades presentes, "Trátase dun cambio de actitude á hora de levar un vehículo e de conducir polas cidades"
A coordinadora da Dirección Xeral de Tráfico, María Vitoria Gómez, céntrase en que se trata de adiantar o futuro ao presente, con medidas como a velocidade de 30 km/h en cidade e a recuperación de espazos para o cidadán pero con seguridade. De aí a importancia de incidir no vulnerable, o peón, ciclista ou usuario de patinete, para que tamén o fagan nos espazos que lles corresponde e que cada un respecte o seu, ata un 35 % dos falecidos nas estradas galegas son usuarios vulnerables, motoristas, ciclista e peóns.
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, incidiu neste obxectivo, xunto ao da condución sostible mais tamén segura, polo que fixo un chamamento ao cidadán, ao peón, para que se faga visible cando camiñe polas estradas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible