Contorna A Mariña / Cidade Vella / Concello da Coruña
Por resolución do Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade de data 28 de decembro de 2022, procédese a iniciar o Proxecto piloto de Zonas de Baixas Emisións na contorna da Mariña e Cidade Vella.
Este piloto ten a súa orixe no Proxecto de Creación e Implantación inicial da Zona de Baixas Emisións da Coruña, aprobado pola Xunta de Goberno Local mediante acordo de data 27.04.2022 e con informe-proposta emitido pola Dirección da área de Infraestruturas e Mobilidade.
Resolución de implantación como Zona de Baixas Emisións , con carácter de piloto e informativo declara a contorna delimitada polos seguintes gráficos:
Zonas de Baixas Emisións A Mariña - Cidade Vella
|
Actualmente só pode circular pola avda da Mariña / Parrote, o transporte público, os servizos de emerxencia e vehículos especialmente autorizados.
Na Cidade Vella a circulación está restrinxida aos veciños e autorizados por un tempo máximo de 15 minutos.
En ambas as zonas permítese a carga e descarga de 06.00 h a 11.00 h da mañá.
Pódeche interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible