Concello da Coruña

Concello da Coruña

Renovación da frota municipal - Plan MOVES II

vehiculo

Programa Estatal de Incentivos á Mobilidade Eficiente e Sostible, financiado pola Unión Europea Programa Operativo FEDER Galicia 2014 - 2020.

A frota de vehículos do parque móbil municipal é un medio imprescindible para o desenvolvemento normal das actividades e tarefas que teñen asignadas os diferentes servizos municipais que se atopan diseminados en varios edificios por todo o municipio, e que necesitan da asistencia de vehículos municipais para as súas funcións de conserxaría, inspección etc.

Apostando por medios alternativos de transporte máis eficientes, o Concello da Coruña promoveu un contrato para a adquisión, baixo a modalidade de renting, de vehículos eléctricos, á vez que tamén incluirá a adquisición das estacións intelixentes para a súa recarga eléctrica.

A racionalización do gasto, un maior control por parte da administración, a implantación dunha frota máis sostible, eficiente e saudable, con menos emisións e redución de ruídos son obxectivos que se queren alcanzar con esta nova frota.

coche

Adquiríronse 8 vehículos de enerxía alternativa, sendo 6 turismos e 2 furgonetas de tipo eléctrico puro para renovar o parque móbil municipal do Concello da Coruña, e consecuentemente as 5 estacións estándar de recarga intelixente. Os vehiculos incorporáronse á frota municipal no mes de setembro de 2020, e supuxeron a eliminación de catro vehículos municipais anticuados e obsoletos considerados altamente contaminantes pola súa antigüidade e características técnicas.

Este proxecto incluíuse nunha solicitude municipal de participación nas axudas do Plan Moves II, Programa Estatal de Incentivos á Movidad Eficiente e Sostible, cofinanciado pola Unión Europea Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), outorgou unha axuda por importe total de 36.500 € ao custo total do contrato de renting que conta con importe anual de gasto por 62.436 €. O contrato ten unha duración inicial de 3 anos prorrogables por outros 2 máis.

Os vehículos adquiridos cumpren a normativa de aplicación vixente ao considerárense 100 % eléctricos ou eléctricos puros, e ofrecen a máxima seguridade a persoas e vehículos, ademais de fomentar a mobilidade sostible ao tratarse de vehículos de enerxías alternativas.

Esta adquisición encádrase nun plan de renovación da frota municipal para a implantación dunha frota máis sostible, eficiente e saudable, con menos emisións e redución de ruídos, así como a mellora da xestión dos vehículos de titularidade municipal.

imaxe

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión