A alcaldesa Inés Rey visitou a reforma realizada na rúa Cortadoría, coincidindo coas datas da Semana Europea da Mobilidade.
Inés Rey nesta ocasión ía compañada por Francisco Dinís Díaz Gallego, concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, e Yoya Neira, concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, entre outros.
A rúa Cortadoría demostra o compromiso do Goberno coa Zona Vella da cidade da Coruña. Renováronse todas as beirarrúas, varios servizos esenciais e humanizouse a rúa.
Finalizou a obra. Contou cun orzamento de 249.350 €, financiamento FEDER 80 %, cuxo obxectivo é resolver diferentes deficiencias detectadas nas análises realizadas tanto no estado do pavimento como dos servizos existentes.
A principios de ano a rúa presentaba tramos de laxas, de pedra.
Agora coa súa nova imaxe é a mellor mostra que realiza o Goberno Municipal coa Cidade Vella e a súa infraestrutura.
O proxecto consistiu na mellora da rúa mediante reurbanización superficial completa, reparando o firme existente coa substitución, renovación e incorporación de novos servizos urbanísticos.
Amenizouse a visita cun xantar de polbo e música, á que asistiu a veciñanza do lugar.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible