Concello da Coruña

Concello da Coruña

Servizo Municipal de Canguros

Obxecto:

  • Favorecer a conciliación nos campos persoal, familiar e laboral (con especial incidencia en persoas/unidades familiares con maiores dificultades para a conciliación: unidades familiares monomarentais; monoparentais, familias numerosas, persoas migrantes, mulleres en situación de violencia de xénero; como apoio a mulleres no seu proceso de inserción e participación sociolaboral etc.)
  • Fomentar a corresponsabilidade nos ámbitos doméstico e social, a través de programas de actividades dirixidas ás novas xeracións.

A quen vai dirixido?:

  • Unidades familiares con necesidades de conciliación asociadas á organización da vida persoal, familiar e laboral
  • Menores de idades comprendidas entre os 4 meses e os 12 anos.

Recursos materiais:

  • 4 Espazos de Atención á Infancia situados en distintos centros cívicos da cidade
  • 2 ludotecas coeducativas situadas en distintos centros cívicos da cidade

Recursos humanos:

Monitorado especializado para os Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas Coeducativas, e tanto persoal especializado como sexa necesario para a modalidade de Atención á Infancia a Domicilio.

Organiza:

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación

Requisitos:

  • Necesitar medidas de conciliación da vida persoal, familiar ou laboral no termo municipal da Coruña.
  • Na modalidade de Espazos de Atención á Infancia e nas Ludotecas Coeducativas, poderase acceder ao servizo, ben cando as persoas que ostenten a representación legal dos/as menores (pais; nais; titores e titoras legais etc.) estean empadroadas no Concello da Coruña; ou ben cando esas persoas teñan o seu posto de traballo, tanto por conta propia como allea, localizado no municipio da Coruña; ou ben para o caso de que o/a menor estea a cursar estudos nun centro de ensino domiciliado no termo municipal da Coruña.
  • Na modalidade de atención a domicilio, será necesario que as persoas que ostenten a representación legal dos e das menores (pais; nais; titores e titoras legais etc.) estean empadroadas no Concello da Coruña.

O acceso ás prestacións incluídas en cada modalidade tramitarao o persoal do Servizo Municipal de Canguraxe situado no Centro de Información ás Mulleres - CIM .

PRINCIPIOS REGULADORES DO SERVIZO DE CANGURAXE

  1. Flexibilidade e multifuncionalidade: segundo o caso ou a necesidade, a unidade familiar accederá a unhas ou a outras modalidades e tamén en momentos e/ou horarios distintos.
  2. Benestar do/da menor: velarase en todo momento polo seu benestar.
  3. Servizo personalizado: cada intervención realizarase de modo personalizado, isto é, despois da entrevista inicial coa unidade familiar, tratando en todo caso de responder ás súas necesidades.
  4. Coeducación: o enfoque educativo sempre será o da igualdade, evitando a transmisión e reprodución de estereotipos de xénero.

MODALIDADES

MOTIVOS DE SOLICITUDE

Modalidade de Espazos de Atención á Infancia

  • Período lectivo:
    • Motivos laborais
    • Participación en cursos de formación para a mellora da empregabilidade e a inserción laboral
    • Realización de entrevistas de traballo
    • Situacións puntuais de emerxencia familiar
    • Acudir a citas de ámbito xudicial, psicolóxico, social, sanitario, educativo ou actividades de participación social.

Estas casuísticas serán prioritarias e deberán ser debidamente acreditadas.

  • Período non lectivo:
    • Motivos laborais
    • Outras motivacións segundo a valoración técnica realizada polo persoal municipal conforme ás necesidades da cidadanía.

No caso de quedar prazas vacantes tamén se poderá acceder por motivos de conciliación persoal coa finalidade de promover a plena participación social.

Modalidade de Ludotecas Coeducativas

  • Período lectivo:
    • Motivacións de carácter persoal, co fin de promover a plena participación social e goce do tempo de lecer das familias e menores.
  • Período non lectivo:
    • Motivos laborais
    • Outras motivacións segundo a valoración técnica realizada polo persoal municipal conforme ás necesidades da cidadanía.

Modalidade de Atención á Infancia a Domicilio

  • Exclusivamente por motivos laborais

OBRIGAS DAS PERSOAS USUARIAS

  • Xerais:
    • Facilitar, comunicar e manter actualizados os datos persoais e profesionais necesarios para a prestación de calquera das modalidades do servizo.
    • Asinar as autorizacións e conformidades que sexan necesarias para o coidado e benestar do/da menor.
    • Responsabilizarse da entrega e recollida dos/das menores nos horarios establecidos para cada unha das modalidades do servizo. As persoas responsables do/da menor que non os entregasen ou recollesen nos horarios establecidos serán apercibidas. En caso de reiteración, e tras os apercibimentos, poderán causar baixa no servizo. Así mesmo, responsabilizaranse destes deberes naquelas situacións que por motivos de saúde, indisposición ou malestar, sexa necesario recollelos/as antes da hora prevista.
  • Específicas por modalidade:
    • Modalidade de Espazos de Atención á Infancia:
      • Período lectivo:
        • Realizar a reserva de praza para usar un espazo de atención á infancia específico a través de chamada telefónica ao Servizo de Canguros municipal (horario de 8.00 a 14.00 h sen contar fins de semana e festivos), xustificando a razón do seu uso.
        • Comunicar, a través de chamada telefónica ao Servizo de Canguros municipal (horario de 8.00 a 14.00 h sen contar fins de semana e festivos), a anulación de reserva de praza como mínimo 24 horas antes do seu uso.
      • Período non lectivo:
        • Realizar a inscrición vacacional correspondente solicitando praza, dentro dos prazos establecidos para o efecto que serán comunicados a través da web municipal, servizo 010, teléfono do Servizo de Canguros municipal ou a través dos puntos informativos de cada un dos Espazos de Atención á Infancia.
        • Comunicar a través de chamada telefónica ao Servizo de Canguros municipal (horario de 8.00 a 14.00 h sen contar fins de semana e festivos), a anulación de reserva dos períodos ou días asignados como mínimo 2 días antes do seu uso, salvo causas xustificadas. O feito de non realizar a comunicación será motivo de anulación de todos os períodos ou días asignados, que lles serán reasignados a unidades familiares en situación de listas de espera.
    • Modalidade de Ludotecas Coeducativas:
      • Período lectivo:
        • Realizar reserva de praza para usar un espazo de atención á infancia específico a través de chamada telefónica ao Servizo de Canguros municipal (horario de 8.00 a 14.00 h sen contar fins de semana e festivos), xustificando a razón do seu uso.
        • Comunicar, a través de chamada telefónica ao Servizo de Canguros municipal (horario de 8.00 a 14.00 h sen contar fins de semana e festivos), a anulación de reserva de praza como mínimo 24 horas antes do seu uso.
      • Período non lectivo:
        • En períodos vacacionais, as Ludotecas Coeducativas reconvértense en Espazos de Atención á Infancia.
    • Modalidade de Atención á Infancia a Domicilio
      • Realizar parte de servizo individualizado. Para iso, contactarase telefonicamente co persoal técnico municipal que xestiona o Servizo de Canguros.
      • Comunicar as anulacións de días e/ou horarios solicitados no parte de servizo cun mínimo de 2 días de antelación, chamando ao Servizo de Canguros municipal (horario de 8.00 a 14.00 h sen contar fins de semana e festivos). O feito de non comunicalas nese prazo, supoñerá computar as horas como se o servizo se realizase, descontándose do total de horas anuais correspondentes á unidade familiar.
      • Para os traslados de menores, será preciso que no lugar de inicio e finalización do servizo unha persoa responsable, maior de idade, asine o documento de entrega/recollida do/da menor. Esa persoa estará identificada na autorización asinada e comunicada previamente ao Servizo de Canguros municipal polas persoas que ostenten a representación legal do/da menor. Non se poderá usar esta modalidade do servizo se no momento da recollida e/ou entrega non hai unha persoa que se faga cargo do/da menor.
      • Para aqueles servizos que impliquen usar o transporte público, deberase dispoñer dunha tarxeta para o uso do autobús urbano. Non se admitirá que as/os menores porten diñeiro en efectivo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión