O Concello da Coruña xunto coa Rede de Cidades que Camiñan, da que este forma parte, súmase á iniciativa do obradoiro de Camiños Escolares Seguros
Ponse en marcha a segunda parte desta ferramenta educativa relacionada coa mobilidade sostible e saudable.
Sesión 2. Práctica
No colexio seleccionado. Traballarase co alumnado de 4º curso, as súas familias e profesores.
Obxectivo da sesión: explicar que é un Camiño Escolar Seguro e determinar posibles itinerarios.
A Policía Local da Coruña participa na celebración de Camiños Escolares Seguros, organizando obradoiros sobre temas relacionados coa camiñabilidade, conceptos, e casos prácticos.
Acompañados dos alumnos do Colexio CEIP Alborada, situado na rúa San José de Calasanz, da Coruña.
Planificación de actividades para o 03.05.2022:
HORA | ACTIVIDADE |
09.00 h-10.30 h | Alumnado 4º Primaria |
10.30 h -12.00 h | Alumnado 4º Primaria |
16.00 h | Familias |
Planificación de actividades para o 04.05.2022:
HORA | ACTIVIDADE |
09.00 h -10.30 h | Obradoiro con Familias |
10.30 h -13.30 h | Obradoiro con escolares |
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible