Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sesión 3. Práctica 

O Concello da Coruña xunto coa Rede de Cidades que Camiñan, da que este forma parte, súmase á iniciativa do obradoiro de Camiños Escolares Seguros

Ponse en marcha a terceira parte desta ferramenta educativa relacionada coa mobilidade sostible e saudable.

Sesión 3. Sesión práctica

No mesmo colexio e co mesmo grupo de persoas que na sesión anterior.

Obxectivo da sesión: analizar a situación do espazo público do itinerario seleccionado na sesión anterior e propoñer posibles actuacións.

Planificación de actividades para o 04.05.2022:

HORA ACTIVIDADE
09.00 h -10.30 h Obradoiro con Familias
10.30 h -13.30 h Obradoiro con escolares

Nesta ocasión os escolares recibiron a visita de Francisco Dinís Díaz Gallego, Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade acompañado de Jesús Javier Celemín Santos, Concelleiro de Educación.

Os alumnos de CEIP Alborada, tiveron a ocasión, nunha rolda de preguntas, de compartir a súa experiencia, como se moven pola cidade e os desprazamentos que fan. Analizaron a situación do espazo público, falando dos sinais de tráfico, pasos de peóns, semáforos, beirarrúas da cidade, entrando en contacto cos Concelleiros.

O proxecto de obradoiros de Camiños Escolares Seguros constrúese en compañía, integrando distintos axentes e entidades, a AMPA, profesores, os alumnos, representantes do Concello...)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión