Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sesión Plenaria 7 de Xullo 2020

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, presidiu a sesión plenaria da Mesa de Mobilidade

O pasado 7 de Xullo, no Centro Cívico Municipal dos Mallos, abordouse, a necesidade de elaborar unha ordenanza integral de mobilidade que permita definir o uso do espazo público, actualizar diversas normativas municipais e regular aspectos novos como os vehículos de mobilidade persoal, carrís 30 e o redeseño de transporte e distribución de mercadorías.

Para o concelleiro, a nova ordenanza é necesaria "para definir e establecer o uso do espazo público, dando prioridade á mobilidade peonil, o transporte público e garantindo a saúde, a protección do medio ambiente e a accesibilidade universal así como os dereitos das persoas con mobilidade diversa "

Presentouse a aprobación definitiva da Instrución de regulación do uso dos VMP e o Plan Coruña Cidade 30.

Todos os membros da Mesa mostraron a súa satisfacción pola aprobación e coincidiron na necesidade de realizar un esforzo de comunicación e formación para que a cidadanía coñeza os cambios iniciados e adáptense ás novas caracteristicas da mobilidade sustentable.

A celebración da Semana Europea da Mobilidade tambien foi obxecto de comentario na Mesa, solicitando o Presidente a colaboración de todas as entidades para a realización de actividades durante esa semana de Setembro.

A Coruña acentúa máis a súa tradición Caminable e intégrase na Rede de Cidades que Camiñan, mantendo a Mesa de Mobilidade como un exemplo de participación Cidadá no camiño cara á Sustentabilidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión