Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sesión plenaria da Mesa de Mobilidade

O 15 de abril de 2021 celebrouse a Sesión Plenaria da Mesa de Mobilidade Sustentable.

O Presidente da Mesa, Juan Díaz Villoslada, Concelleira de Mobilidade, presentou o Informe Anual de Actividades realizadas durante o ano 2020 aos membros da Mesa de Mobilidade Sustentable e avanzou o plan de traballo para este ano.

Na súa intervención destacou as liñas xerais da segunda fase de Coruña Cidade 30.

  • "CoruñaToda30" o obxectivo é que en todas as vías do centro urbano haxa polo menos un carril con velocidade limitada a 30 km/h. O 11 de maio entra en vigor as normas da DXT para a redución de velocidade nas vías da cidade. Coruña aprobou en maio de 2020 esa redución a 30 km/h no 95% das rúas.

Outro punto importante no encontro foron as manifestacións de interese presentadas polo goberno local ao Ministerio de Transporte para optar aos fondos Europeos Next Generation:

  • A Estación Intermodal
  • O sistema de Mobilidade Intelixente (SIMoB), que monitorará dixitalmente a mobilidade na cidade contando coas últimas tecnoloxías, aproveitando ao máximo as vantaxes da intelixencia artificial. Para a posta en marcha deste sistema está a traballarse con grupos de investigación da UDC e coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico.
  • Zonas de Baixas Emisións, o Concello aspira a ter os sistemas preparados para cumprir coas directrices que marca a nova lei de cambio climático.

Proxectos EIDUS

Doutra banda o Concello está a levar a cabo diversos proxectos como parte da estratexia de EIDUS, para avanzar cara á mobilidade sustentable na cidade.A Xefa de Servizo de Mobilidade, Natalia Codesal, presentou os proxectos que están en marcha.

  • Fomento e aplicación de camiños escolares seguros e intergeneracionales.
  • Fomento da mobilidade en bicicleta (que inclúe renovación Bici-Coruña, obras na rede ciclable)
  • Marquesiña piloto en paradas de bus
  • Portal da mobilidade urbana
  • Implantación de ferramentas Tic para a mobilidade urbana asistida

En canto á renovación da rede Bici-Coruña, sinalou que na cidade contarase cunha frota de 514 unidades (convencionais e eléctricas), repartidas en 55 estacións, (das cales 30 serán novas).

Ordenanza de Mobilidade

Nesta Sesión tamén se analizou a estrutura e contido da nova Ordenanza de Mobilidade.

A Directora de Mobilidade, Elvira Quintairos, explicou que tras a finalización do trámite de consulta previa está a elaborarse esta nova Ordenanza. A nova ordenanza integrará e actualizará varias ordenanzas municipais obsoletas, o obxectivo principal é a regulación dos novos aspectos da mobilidade por exemplo: o espazo público da mobilidade, mobilidade activa, transporte público de persoas, vehículos motorizados, micromovilidad, distribución urbana de mercadorías, paradas, estacionamentos, reservas de espazo entre outros.

Na reunión a Directora tambien comentou a estrutura e contido da ordenanza informando que proximamente pasarase a proposta aos grupos técnicos de traballo da Mesa de Mobilidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión