Concello da Coruña

Concello da Coruña

SIMoB

SIMob

O Sistema Intelixente de Mobilidade da Coruña

O Sistema Intelixente de Mobilidade da Coruña (SIMoB) é un proxecto integrador e global que pretende abarcar todos os procesos necesarios para xestionar, impulsar e acelerar a transición cara a necesaria mobilidade segura, sostible e saudable inherente á instauración da Cidade 30 como marco urbano no que se poidan cumprir os obxectivos de desenvolvemento sostible.

Os proxectos inseridos no SIMoB comparten un enfoque sistémico coherente e esténdense desde a eliminación do cable como elemento comunicador ata o cambio de prisma da formación viaria. Formación e información á cidadanía imprescindible para poder establecer con seguridade o uso equitativo do espazo público para o desprazamento de todas as persoas garantindo a libre elección individual dos modos en que se faga tal e como se recolle na nova pirámide da mobilidade.

A dixitalización dos sistemas de xestión de tráfico e a aplicación das últimas tecnoloxías permitirá que a mobilidade das persoas e as mercadorías desenvólvanse de forma eficiente. A utilización de intelixencia artificial, big data, IoT e drons unido ao uso de datos abertos configura unha mobilidade conectada na que se garantirá un sistema áxil de resposta ante incidencias e cambios na circulación. Así mesmo facilítase os servizos de mobilidade, ou a mobilidade como servizo, aos cidadáns permitindo a inclusión de todas as persoas e todas as modalidades de desprazamento.

No SIMoB inclúense os seguintes proxectos:

1. Construcións de ciberinfraestructuras de última xeración

  • Centro Integral da Mobilidade (CIMoB)
  • Fibra óptica e reguladores

2. Sistema ITS en túneles nivel 2

3. Xestión intelixente e automatizada da circulación coa utilización de visión artificial e drons

4. Sistema cooperativo C-ITS compatible con plataforma C- Roads integrando unha plataforma MaaS

5. Dixitalización da loxística da última milla

  • Dixitalización da cadea loxística
  • Sistema de xestión dixital de reservas e ocupacións na vía pública

6. Plan integral de control dixitalizado de infraccións de mobilidade

7. Plan de formación e comunicación viaria para a mobilidade de cidade 30

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión