Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Solicitude de compra por colindancia de parcelas sobrantes
En que consiste?:
Permítelles ás persoas propietarias lindeiras a compra directa de solo de propiedade municipal, sempre que este solo teña a consideración de parcela sobrante. Son parcelas sobrantes aquelas que pola súa reducida extensión, forma irregular ou localización non son susceptibles de uso axeitado.
A quen vai dirixido?:
A persoa propietaria lindeira á parcela sobrante municipal
Escritura de propiedade ou nota simple rexistral que acredite a súa condición de persoa propietaria lindeira
A parcela sobrante cuxa venda ou permuta pretende non pode ser edificable por si mesma, e coa súa adquisición por quen o solicita regularizaríanse parcelas edificables segundo o PXOM
A normativa reguladora deste procedemento é o Real decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das entidades locais
A documentación pódese presentar ademais de na Área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible