Concello da Coruña

Concello da Coruña

Stop Accidentes Galicia

No marco da Semana Europea da Mobilidade, Stop Accidentes únese á celebración con diversas actividades.

STOP Accidentes é unha organización cidadá sen ánimo de lucro, fundada por familiares e amizades de vítimas de sinistros de tráfico.

Son actores da sociedade civil co compromiso de poñer en marcha procesos que melloren a convivencia e o respecto á vida das demais persoas na mobilidade.

A tarefa diaria céntrase na mellora continua dos seus programas, o traballo en equipo e a innovación, que fai que a meta 0 vítimas sexa o horizonte.

Unha das primeiras actividades realizadas por Stop Accidentes nesta Semana Europea da Mobilidade foi unha exposición realizada na Estación de Autobuses da Coruña.

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, asistiu á exposición, de "PEÓN, NON ATRAVESES A TÚA VIDA" acompañado por Victoria Gómez, xefa provinvial de Tráfico da Coruña e José Ángel Corral comandante da Garda Civil de Tráfico, entre outras autoridades.

Esta exposición busca promover na cidadanía un espazo de reflexión sobre a mobilidade peonil no ámbito urbano e interurbano. Expóñense os 15 traballos que resultaron finalistas e gañadores no ámbito nacional no concurso realizado en 2020.

Durante toda a semana estiveron activamente participando en diferentes eventos programados para a Semana Europea da Mobilidade

  • Día 16 - "Móvete seguro" campaña con voluntarias da Fundación Mulleres e Asociación Provincial de Amas de Casa: 1.000 puntos de libros repartidos.
  • Día 18 - "Festa da bicicleta" con Decathlon: 700 familias inscritas no evento e 1.600 chapas con mensaxe de mobilidade realizadas polos nenos/as.
  • Día 20 - "Outra mobilidade é posible e divertida": 48 alumnos/as de 6.º de primaria do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma dos cales: 23 realizaron a ruta en bicicleta e 25 o visionado do documental "Camiño á escola".
  • Día 22 - "Darlle vida á rúa" Día Sen Coches: 28 alumnos/as de 6.º de primaria do CEIP Zalaeta.

O concelleiro de Mobilidade, Francisco Díaz, non quixo perder o percorrido en bicicleta que realizou o alumnado do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma, baixo o lema "Outra mobilidade é posible e divertida".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión