Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller de Chapas

chapas

Celebrando a Semana Europea da Mobilidade, cun taller de chapas

Dentro do marco da programación da Semana Europea da Mobilidade, o Concello da Coruña en colaboración con Stop Accidentes, realizarán actividades informativas de mobilidade activa, segura, saudable e sostible e un taller de chapas para que os máis pequenos multipliquen as súas mensaxes de mobilidade, baixo o lema:

"Pola túa saúde, móvete de forma sostible"

O taller de chapas está destinado a nenos e nenas de seis anos en diante. Comeza coa creación dunha mensaxe ou imaxe para a nosa chapa que se plasma cun pequeno debuxo pintado con vivas cores. Só hai unha condición: ten que ter unha mensaxe ou imaxe alusiva á educación viaria!

O obradoiro de chapas é un exemplo de éxito asegurado. Cumpre dúas funcións moi cativadoras para os/as máis pequenos/as da casa: dar renda solta á súa imaxinación, empregar ceras e rotuladores e, ao final do traballo, poder levar algo de recordo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión