Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tarxeta Bus Millennium Menor de 13

En que consiste?:

Para realizar calquera trámite ten que solicitar cita previa.

A través da tarxeta bus escolar, as súas persoas beneficiarias obterán descontos por empregar o servizo público de transporte urbano.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Tanto para obter por primeira vez a Tarxeta Millennium como para renovala

REQUISITOS:

  • Requisitos:

  • Ser maior de catro e menor de trece.
  • Estar empadroados/as no Concello da Coruña cunha antigüidade mínima de seis meses, tanto o/a solicitante como os membros da unidade familiar.
  • Documentación:

  • DNI orixinal do pai, nai ou titor/a e o seu propio DNI no caso de que o/a solicitante o teña.

Esta tarxeta ten unha validez indefinida a partir do momento da concesión, ata que o/a menor cumpra trece anos, sempre que se manteña empadroado/a no Concello da Coruña. En caso de variar esta condición a tarxeta deberá ser entregada nas oficinas municipais para o seu cambio de perfil.

Roubo, perda ou deterioración:

En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a reparación dela (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que o/a titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.

Substitución da tarxeta por roubo, perda ou deterioración:

É necesario aboar a taxa establecida, 7 €, Ordenanza fiscal núm. 1, epígrafe 1.11.4).

En caso de recuperación da tarxeta dada de baixa por extravío ou roubo, e tendo no seu poder unha nova, pode solicitar a través dun rexistro municipal a reasignación de saldo da tarxeta dada de baixa á activa. (É obrigatorio entregar a tarxeta recuperada).

Internet

Teléfono

Máis información:

Normas xerais:

  • Cada viaxe custa 0,0 €.
  • A nova tarxeta é gratuíta para as/os titulares que reúnan os requisitos deste título de transporte. Esta tarxeta ten unha validez indefinida a partir do momento da concesión, ata que o/a menor cumpra trece anos, sempre que se manteña empadroado/a no Concello da Coruña. En caso de variar esta condición a tarxeta deberá ser entregada nas oficinas municipais para o seu cambio de perfil.

Bases da Tarxeta Millennium Coruña da Concellería de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión