Para realizar calquera trámite ten que solicitar cita previa
Tarxeta de autobús para Xubilado/a coa que os seus beneficiarios e as súas beneficiarias obterán descontos por utilizar o servizo público de transporte urbano.
Solicita a túa Tarxeta Millennium a través da Sede Electrónica ou de forma presencial.
Tanto para obter por primeira vez a Tarxeta Millennium como para renovala.
REQUISITOS:
DOCUMENTACIÓN:
Esta tarxeta ten unha validez ata o falecemento da súa persoa titular sempre que se manteña empadroado/a no concello da Coruña. En caso de variar esta condición, a tarxeta deberase entregar nas oficinas municipais para o seu cambio de perfil.
Roubo, perda ou deterioración:
En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a súa reparación (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que o/a titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.
Substitución da tarxeta por roubo, perda ou extravío
É necesario aboar a taxa establecida: 7 €
En caso de recuperación da tarxeta dada de baixa por extravío ou roubo, e tendo no seu poder unha nova, pode solicitar a través dun rexistro municipal a reasignación de saldo da tarxeta dada de baixa á activa. (É obrigatorio entregar a tarxeta recuperada).
Normas xerais:
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible