Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tarxeta Bus Millennium Universitaria curso 2013-2014

En que consiste?:

Axuda para a utilización do servizo público de transporte urbano e metropolitano destinada ao alumnado universitario (incluído o alumnado matriculado no INEF).

Non poderá gozar desta axuda o estudantado que estea a gozar do Programa Erasmus ou Sicue.

Onde se fai?:

Solicitude da subvención:

  • Sección de bolsas da Universidade. Lugar Castro de Elviña s/n (Pavillón de Estudantes) C.P. 15008 A Coruña.

Solicitude da tarxeta por primeira vez, renovación ou solicitude de duplicado (roubo, perda ou deterioración):

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

REQUISITOS

  • Ser titular da Tarxeta Millennium
  • Estar matriculado/a dun mínimo de 30 créditos nunha titulación oficial do Campus da Coruña para o curso 2013-2014 (incluída a Escola Universitaria de Turismo - Centro Español de Novas Profesións).
  • Non estar a realizar unha mobilidade estatal (SICUE) ou internacional (ERASMUS e asimilables) no curso 2013-2014, independentemente da duración da estancia.

Membros computables para o cálculo da renda familiar (consultar as bases da convocatoria).

Límites de renda neta anual:

Non existe límite de renda, as subvencións concederanse ata esgotar a partida orzamentaria partindo da solicitude coa renda máis baixa.

Para o cálculo da renda e patrimonio da unidade familiar terase en conta o establecido no Real decreto 609/2013, do 2 de agosto de 2013, publicado no BOE núm. 185 do 3 de agosto de 2013.

Alumnado que alegue independencia familiar:

Considerarase esta circunstancia cando alegue os seguintes requisitos:

  • Demostrar a titularidade ou alugueiro do seu domicilio.
  • Levar empadroado nese domicilio polo menos todo o ano 2012.
  • Ter, como mínimo, os ingresos anuais por renda no ano 2012 que marca o IPREM.

Bases da convocatoria

 

DOCUMENTACIÓN

Documentación xeral

  • Impreso de solicitude (débese cubrir a través da aplicación informática á que se accede desde www.udc.es Unha vez cuberto, imprímeo e asínano a persoa solicitante e demais membros da unidade familiar)
  • Fotocopia do DNI da persoa solicitante e dos membros da unidade familiar
  • Certificado de convivencia da unidade familiar

Documentación económica

  • Fotocopia dos recibos de contribución urbana e rústica (Catastro) do exercicio 2012, excluída a vivenda habitual.

A Universidade cotexará os datos de todos os membros computables da unidade familiar coa Axencia Tributaria sempre que o impreso de solicitude se presente asinado por todos os membros. En caso de non ter a obriga de presentar a declaración da renda, deberá presentar, segundo sexa o caso, a seguinte documentación:

  • Certificado de imputación de renda expedido pola Axencia tributaria correspondente ao exercicio 2012 ou certificado expedido pola Seguridade Social dos períodos de cotización e certificados de haberes e retencións, certificado de prestación e subsidios de desemprego, documento da entidade bancaria no que consten os rendementos de capital mobiliario e ganancias e perdas patrimoniais percibidas durante o ano 2012.
  • No caso de ser pensionista, copia do xustificante anual da pensión ou pensións.

Documentación complementaria (segundo proceda)

  • Copia da sentenza de separación ou divorcio e convenio regulador.
  • Copia da acta de constitución de sociedades e do imposto de sociedades así como o resumo anual dos Impostos sobre o Valor Engadido (IVE).
  • Xustificación da situación que dá dereito a algunha das deducións establecidas nesta convocatoria.

Solicitude de duplicado da tarxeta (por roubo, perda ou deterioración)

En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a reparación dela (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que o/a titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.

Substitución da tarxeta por deterioración técnica dela

No caso de que a substitución da tarxeta se produza por deterioración técnica dela, sen responsabilidade do/a usuario/a, non é necesario aboar ningunha taxa e a tarxeta expídese no momento.

Substitución da tarxeta por neglixencia da persoa usuari ou roubo

No caso de que a substitución da tarxeta se produza por neglixencia do/a usuario/a (roubo, perda ou deterioración físico dela) ou roubo é necesario aboar a taxa establecida, 7, (Ordenanza fiscal núm. 1, epígrafe 1.11.4).

Ao solicitar o duplicado da tarxeta facilitarase o impreso de autoliquidacións; unha vez aboada a taxa (na Caixa Municipal ou en calquera das oficinas de Novagalicia Banco), o/a usuario/a débese dirixir co xustificante de pago á oficina de tramitación para a expedición da tarxeta.

PRAZO DE SOLICITUDE: 2 ao 20 de setembro de 2013 (ambos os dous incluídos). 

Internet

Teléfono

Máis información:

 

Documentos relacionados

  • Bases da Tarxeta Millennium 2019 (537 KB)
  • Autorización Renda (53 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión