Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tarxeta Bus Millennium Xeral

En que consiste?:

Para realizar calquera trámite na súa tarxeta física Millennium, por exemplo solicitar cambio de perfil, renovación etc. ten que solicitar cita previa.

Tarxeta de bus xeral coa cal as súas persoas beneficiarias obterán descontos pola utilización do servizo público de transporte urbano.

A quen vai dirixido?:

  • Particulares
  • Empresas

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Documentación (particulares):

  • DNI (no suposto de menores de idade, ademais do DNI do pai, nai ou titor/a legal, deben achegar o da persoa interesada, se dispón del).
  • Aboar a taxa establecida.
  • En caso de menores de idade, o contrato debe ir asinado polo pai, nai ou titor/a legal.

Documentación (empresas):

  • CIF.
  • O contrato debe estar asinado por unha persoa autorizada e acreditar a dita autorización.
  • Aboar a taxa establecida.

Custo da tarxeta (taxa):

Persoas empadroadas e non empadroadas no Concello da Coruña: 3 €.

O pagamento da taxa realizarase en calquera caixeiro de Abanca.

Roubo, perda ou deterioración:

En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a súa reparación (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que a persoa titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.

Substitución da tarxeta por mal funcionamento

No caso de que a substitución da tarxeta se producise por mal funcionamento, sen responsabilidade do/a usuario/a (por tanto debe achegar a tarxeta), non é necesario aboar ningunha taxa e a tarxeta expedirase no momento.

Poderá recuperar o saldo que tiña na tarxeta acudindo a unha das oficinas de Abanca na opción de Aboamentos pendentes.

Substitución da tarxeta por roubo, extravío ou rotura

É necesario aboar a taxa establecida: 7 €, (Ordenanza fiscal núm. 1, epígrafe 1.11.4).

En caso de recuperación da tarxeta dada de baixa por extravío ou roubo, e tendo no seu poder unha nova, pode solicitar a través dun rexistro municipal a reasignación de saldo da tarxeta dada de baixa á activa. (É obrigatorio entregar a tarxeta recuperada).

Normas xerais:

  • O custo de cada viaxe é de 0,38 €.
  • Transbordo permitido entre liñas gratuíto (máximo 45 minutos)
  • Esta tarxeta non é necesario renovala.
  • A tarxeta recóllese presencialmente.

Internet

Teléfono

Máis información:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión