Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tarxetas persoas de diversidade funcional

En que consiste?:

Tarxeta para estacionar en lugares reservados para persoas con discapacidade: concederase a todas aquelas persoas residentes no termo municipal que sufran algunha discapacidade de carácter permanente e que lles cause problemas de ambulación e desprazamento, principalmente no aparello locomotor (membros inferiores).

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

REQUISITOS

  • Estar empadroado no Concello da Coruña.
  • Ter recoñecido un grao de discapacidade que imposibilite o uso de transporte público.

DOCUMENTACIÓN

  • Impreso de solicitude específico.
  • 1 fotografía tamaño carné.
  • Copia do DNI. En caso de menores de 14 anos que non dispoñan do mesmo, achegarase copia do DNI da nai, do pai ou do titor legal.
  • Copia do certificado do grao de discapacidade no que conste que ten recoñecida a imposibilidade de uso do transporte público, expedido polos Equipos de Valoración e Orientación - EVO.

RENOVACIÓN

É necesario presentar unha solicitude no Rexistro Xeral Municipal achegando a mesma documentación que para a solicitude primeira.

ENTREGA DO TARXETA

A tarxeta que lle autoriza a estacionar en lugares reservados a persoas con diversidade funcional, seralle remitida xunto coa notificación ao seu domicilio e deberá asinarse polo seu reverso cun rotulador de tinta indeleble.

EXPEDICIÓN DE DUPLICADO POR DETERIORACIÓN, PERDA OU ROUBO

  • Impreso de solicitude (pódese recoller nas oficinas do Rexistro da área Económica Municipal ou descargar da páxina web: www.coruna.es).
  • Copia do DNI. En caso de menores de 14 anos que non dispoñan do mesmo, achegarase copia do DNI da nai, do pai ou do titor legal.
  • 2 fotografías tamaño carné.
  • Denuncia (no suposto de roubo ou perda).
  • Aboar a taxa establecida (Ordenanza Fiscal nº 1, epígrafe 1.12.2)

A citada documentación débese presentar nas oficinas do Rexistro da área Económica Municipal.

BAIXA DA TARXETA

  • Impreso de solicitude (pódese recoller nas oficinas do Rexistro Xeral Municipal ou descargar da páxina web: www.coruna.es).
  • DNI (do solicitante).
  • Tarxeta

VIXENCIA DA TARXETA

  • A tarxeta ten unha vixencia de 10 anos (pode ser inferior se o certificado do grao de discapacidade é provisional).
  • A tarxeta é válida en toda a Unión Europea.

Internet

Teléfono

Máis información:

SOLICITUDE POR PRIMEIRA VEZ OU RENOVACIÓN

Rexistro Xeral Municipal

SOLICITUDE DE DUPLICADO (POR ROUBO, DETERIORACIÓN OU EXTRAVÍO)

Rexistro da Área Económica Municipal

Documentos relacionados

  • Autorización Renda (53 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión