Concello da Coruña

Concello da Coruña

Unha cidade con Voz propia

Obelisco

Radio Voz trasládase ao Obelisco da Mobilidade

O Broche de Ouro da exposición do Obelisco da Mobilidade realizouse cunha entrevista en directo de Radio Voz desde unha das carpas da Semana Europea da Mobilidade, da man de Pablo Portabales coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acompañada da concelleira de Mobilidade, Nereida Canosa.

Nas carpas podíase ver como a alcaldesa realizaba unha intervención na que anunciaba a licitación do último dos 17 proxectos municipais que se conseguiu con financiamento europeo dos Fondos Next Generation.

Esta licitación céntrase na subministración de nova sinalización vertical en pasos de peóns non semaforizados, co obxectivo de mellorar a mobilidade e reducir os riscos do maior expoñente na mobilidade: as persoas viandantes.

Un total de 130 paneis luminosos dos que se beneficiará a cidadanía en varios puntos da cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión