DOCUMENTACIÓN XERAL
- Impreso de solicitude (pódese descargar a través da páxina web: www.dgt.es), debe estar asinado pola persoa compradora e a vendedora.
- Aboamento da taxa establecida.
Documento que acredite a identidade e domicilio da persoa compradora:
- Persoas físicas: DNI, permiso de condución español, tarxeta de residencia, pasaporte máis Número de Identificación de Estranxeiros. Este trámite poderá ser realizado por outra persoa coa condición de que achegue, ademais da documentación requirida, unha autorización asinada pola persoa interesada e o DNI da autorizada.
- Persoas xurídicas: tarxeta de identificación fiscal da sociedade e acreditar a representación e identidade da persoa que asine (impreso dispoñible na páxina web da Dirección Xeral de Tráfico).
- Menores ou incapacitados/as: datos e sinatura do pai, nai ou titor, o seu DNI en vigor e documento que acredite o concepto polo que actúen.
Documento que acredite a identidade e domicilio da persoa vendedora:
- Fotocopia dalgún dos documentos consignados. Este requisito de identificación da persoa vendedor non será necesario se previamente se presentou notificación de venda.
Documentación do vehículo:
- Tarxeta
- Permiso de circulación (se non houbo notificación de venda previa).
Impostos:
- Xustificante do pago ou exención do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica - IVTM, do exercicio inmediatamente anterior. Coa entrada en vigor, o día 1 de xaneiro de 2011, da Resolución do 9 de xullo de 2010, a Xefatura Provincial da Dirección Xeral de Tráfico, pode consultar de oficio a posible falta de pagamento do imposto coa Administración correspondente. Se o imposto se aboou en executiva, é posible que ao realizar a consulta telemática, figure aínda como impagado, neste suposto recoméndase achegar o xustificante de pago.
- Xustificante do pago, exención ou non suxeición de Imposto de Transmisións Patrimoniais liquidado na Xefatura Territorial da Consellería de Facenda (impreso Modelo 620). A liquidación pódese realizar a través da Oficina Virtual Tributaria (con certificado dixital).
- Contrato de compra e venda, salvo que a persoa vendedora sexa un empresario no exercicio da súa actividade, nese caso achegará factura.
DOCUMENTACIÓN PARA VEHÍCULOS AGRÍCOLAS
Ademais da documentación indicada no punto anterior, debe achegar:
- Documento acreditativo da inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola da Comunidade Autónoma.
DOCUMENTACIÓN PARA VEHÍCULOS DESTINADOS AO TRANSPORTE DE MERCADORÍAS OU PERSOAS
Ademais da documentación indicada no apartado documentación xeral, deberá achegar:
- Certificado de autorización de transportes se se trata dun autobús ou un vehículo de transporte de mercadorías cunha MMA superior a 6 toneladas e unha carga que exceda de 3,5 toneladas.
DOCUMENTACIÓN PARA VEHÍCULOS PROCEDENTES DE CANARIAS, CEUTA E MELILLA
Ademais da documentación indicada no apartado documentación xeral, deberá achegar:
- Certificado de Aduanas que acredite o cumprimento das obrigas tributarias.