Con motivo da Semana Europea da Mobilidade, Mobi-liza realiza un ciclo de cinema coa bicicleta como protagonista principal, Velocine.
Verducleta acompañounos co documental "De Quijotes y Semillas"
Dirixido por Patxi Uriz e Jordi Matas.
O cociñeiro Santi Cordón realiza unha viaxe de 900 quilómetros desde Tudela ata Málaga, na que lle acompaña o permacultor Alberto Marín. Froito dese periplo xorde unha xocosa road movie na que os seus fidalgos protagonistas plantan unha horta sobre a bicicleta facendo dela a súa montura.
Esta aventura é unha incursión á España esquecida para escoitar a romántica loita dos seus quixotes, intercambiar sementes con eles e poñer en valor un tesouro culinario en vías de extinción.
Este evento realizouse ás 21.30 h no taller social de Reciclos, no que participaron 32 persoas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible