Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cambio de nome e apelidos

Enderezo:

Rúa Emilia Pardo Bazán (Registro Civil) 24. 15005 A Coruña

Teléfono:

981 185 100

981 185 159

981 185 169

981 185 172

Fax:

981 185 149

Páxina web:

http://www.mjusticia.gob.es

Horario:

Luns a venres de 09.00 h. a 18.00 h. Sábados de 10.00 h. a 13.00 h (de 14.00 h. a 18.00 h. só recollida e entrega de solicitudes, igual cós sábados).

CAMBIO DE APELIDOS

Requisitos:

  • Que o afectado polo cambio use e sexa coñecido polo apelido que solicita. Ese uso e coñecemento non pode crearse intencionadamente para conseguir o cambio.
  • Que os apelidos novos pertenzan lexitimamente á persoa interesada.
  • Que os apelidos que resulten do cambio non pertenzan a unha soa liña, senón que sexan un da paterna e o outro da materna.

Documentación:

  • Solicitude escrita manifestando a causa que motiva o cambio dirixida ao ministro de Xustiza ou director xeral dos rexistros e do Notariado.
  • Certificación literal da inscrición de nacemento do afectado polo cambio.
  • Proba (documental pública, privada ou testifical) para acreditar, en cada caso, o uso e coñecemento, a lexitimidade e liña da que proceden os apelidos ou calquera outra circunstancia en que se basee a petición. Para acreditar a lexitimidade do apelido deben achegarse certificacións das inscricións de nacemento dos pais e se fose necesario de ascendentes anteriores. A falta destas, sendo posible, as súas partidas de bautismo.
  • Tratándose  da adecuación de apelidos a outras linguas españolas, certificados das reais academias das correspondentes linguas oficiais.  

 

CAMBIO DA ORDE DOS APELIDOS

O sistema español de imposición de apelidos supón que unha persoa ten que levar como primeiro apelido o primeiro do pai e como segundo o primeiro da nai.

Pero esta regra xeral cambia cando o pai e a nai, de común acordo, antes da inscrición do nacemento do seu fillo, deciden inverter a orde dos apelidos deste, de maneira que se inscriba co primeiro da nai, como primeiro, e co primeiro do pai, como segundo. A orde acordada para o maior dos fillos rexerá nas inscricións dos seguintes fillos dos mesmos pais.

Pola súa banda, o fillo ao alcanzar a maioría de idade pode tamén solicitar que se altere a orde dos seus apelidos.

Documentación:

  • Solicitude dirixida ao xuíz encargado do Rexistro Civil que corresponda achegando certificación do matrimonio dos pais e se non existise, certificación de nacemento destes.
  • Declaración do mutuo acordo dos pais sobre o investimento da orde dos apelidos do fillo.
  • Se o cambio de orde o solicita o fillo maior de idade, debe achegar, xunto coa solicitude,  o certificado da inscrición do seu nacemento. 

 

CAMBIO DE NOME

Case todos os nomes son hoxe posibles.

Lola, Concha, Pepe, Manolo deixaron de ser só apelativos familiares para convertérense en nomes propios que se inscriben como tales no Rexistro Civil.

Soamente serán rexeitados aqueles nomes que infrinxan algunhas das prohibicións establecidas na lexislación.

Normas:

  • Non poden impoñerse máis de dous nomes simples ou dun composto.
  • O nome, obxectivamente, non ha prexudicar a persoa, por iso, exclúense os que resulten por si ou en combinación cos apelidos, dehonrosos, humillantes, denigrantes, etc.
  • Non se pode atribuír a un irmán o nome doutro irmán vivo.
  • Non se admiten os que fagan confusa a identificación (por exemplo, un apelido convertido en nome) nin os que induzan no seu conxunto a erro sobre o sexo. 

Requisitos:

  • Cando o solicite o interesado por usar habitualmente un nome distinto do que consta na inscrición de nacemento ou por outra xusta causa.
  • Cando o nome se impuxese con infracción das normas establecidas.
  • Cando se trate da tradución dun nome estranxeiro.
  • Cando se trate da tradución ou adaptación gráfica ou fonética ás linguas españolas.
  • Cando se rectifique a mención rexistral do sexo.

Documentación:

  • Solicitude dirixida, segundo os casos, ao Rexistro Civil ou ao ministro de Xustiza, ou director xeral dos rexistros e do Notariado. Ao Rexistro Civil convén dirixila cando se trate de cambiar o nome inscrito polo que se usa habitualmente.
  • Certificación literal da inscrición de nacemento do afectado polo cambio.
  • Proba documental que acredite, se é o caso, o uso habitual do nome que se propón ou calquera outra circunstancia en que se basee a petición.
  • En xeral, xa que hai varios supostos, convén achegar partidas de bautismo, facer proposta de testemuñas, así como os correspondentes certificados das reais academias das respectivas linguas oficiais españolas para o suposto de substitución do nome propio polo seu equivalente onomástico nas devanditas linguas. 

 

LUGAR DE TRAMITACIÓN

  • Presencial: Rexistro Civil.
  • Por correo postal.

Entidades relacionadas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión