TITULARIDADE: Área de Emprego e Empresa
CENTRO MUNICIPAL DE EMPRESAS
O Centro Municipal de Empresas ofrece os seguintes servizos:
- Formación a emprendedores.
- Asesoramento individualizado a proxectos empresariais nos seus plans de lanzamento e consolidación mediante a aplicación de técnicas de consultoría.
- Dispoñibilidade de locais en réxime de alugueiro para poder situar un proxecto empresarial acompañado de todo tipo de facilidades.
- Alugueiro de espazos para empresas e emprendedores que, de forma puntual, necesiten un espazo para traballar.
LOCAIS CENTRO MUNICIPAL DE EMPRESAS
Obxectivos:
- Apoiar a superación da etapa de risco inicial da empresa asegurando a súa implantación no contexto económico local.
- Equipo técnico asesor no campo da xestión, e en ocasións, da tecnoloxía, innovación etc.
- Impartición de programas formativos a medida directamente xestionados polo Concello ou en colaboración con outras entidades públicas ou privadas.
- Organización de encontros e contactos con outras experiencias empresariais máis aló do ámbito local.
O edificio conta cun máximo de 12 despachos, de entre 10 e 16 m2, dedicados a localización de novos proxectos empresariais ou de recente creación para o desenvolvemento e exercicio da súa actividade, ademais de salón de actos, sala de reunións, aula de formación etc.
Beneficiarios:
Persoas físicas ou xurídicas cun novo proxecto empresarial ou de recente creación, habilitadas legalmente para o exercicio das funcións que nel se conteñen, e que sexa seleccionado pola súa viabilidade económica, técnica e financeira.
Requisitos:
- Que as persoas ou empresas solicitantes carezan de locais propios onde exercer a actividade ou que o local sexa insuficiente ou inadecuado para o desenvolvemento e a expansión da súa actividade.
- Que non transcorra máis dun ano desde o inicio da actividade, entenderase como data de inicio de actividade a declarada na correspondente alta no IAE.
- Cando se trate de persoas ou empresas que realicen actividades suxeitas a normativa ambiental, deberán presentar as evidencias do seu cumprimento.
- Non poderán acceder ao Centro Municipal de Empresas aquelas actividades empresariais que puidesen prexudicar o seu desenvolvemento e a súa convivencia ou supoña actividade incompatible con usos admitidos no centro, e, en particular, aquelas que requiran solicitude municipal por actividade insalubre ou molesta.
- Non destinar a utilización dos espazos de forma preferente ao almacenamento de materiais ou mercadoría.
Ademais destes requisitos, existen unhas obrigas e prohibicións que deben cumprir.
Documentación solicitude autorización:
- Impreso de solicitude específico (facilitarase no Centro Municipal de Empresas e no Centro Municipal de Emprego).
- Plan de empresa da actividade que se pretende desenvolver (descrición dela, mercado ao que se dirixe, previsión de orzamento e de creación de emprego, financiamento e cadros financeiros provisionais).
- Currículo Vitae das persoas promotoras.
En caso de que a empresa xa estea constituída no momento da solicitude:
- Persoa física: NIF Alta no réxime especial de traballadores autónomos da Seguridade Social
- Persoa xurídica ou outras entidades: CIF Escritura de constitución, ou, se é o caso, pacto debidamente inscrito no Rexistro Mercantil, de ser necesario, e acreditación da representación.
Documentación formalización autorización:
Unha vez asignado o local, a persoa solicitante deberá achegar a seguinte documentación (de non achegarse no momento da solicitude):
- Fotocopia compulsada do NIF, pasaporte ou permiso de residencia no caso de empresario individual ou representante legal da entidade.
- Fotocopia compulsada do CIF e fotocopia compulsada das escrituras de constitución debidamente rexistradas, de ser este requisito esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Poderá demorarse a entrega da escritura de constitución, alta no IAE e CIF da empresa para as que non se atopen constituídas no momento de cursar a solicitude. A citada documentación presentarase no prazo máximo de 15 días hábiles a partir da data de constitución, e formalizarase o contrato previndo a reserva do seu dereito ata este momento.
- Número de conta bancaria onde domiciliar o aboamento do prezo público correspondente.
- Fotocopia compulsada de alta no IAE.
- Fotocopia compulsada de alta no réxime especial de traballadores autónomos, calquera réxime especial por conta propia da seguridade social, en mutualidade de colexio profesional correspondentes das persoas traballadoras ou calquera outro que resulte de aplicación, de todos os socios traballadores.
- Declaración responsable (anexo II), pola que, entre outras cuestións de interese, a persoa solicitante, declara non dispoñer de local propio para o exercicio da actividade e o seu compromiso para iniciar a actividade no Centro Municipal de Empresas no prazo de tres meses.
- Certificado de estar ao corrente nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social de todas as persoas socias.
- Presentar póliza de cobertura de seguros.
- Presentación da garantía, mediante fianza ou aval.
Duración da autorización: un ano prorrogable polo mesmo período ata un máximo de tres
Apertura da convocatoria para solicitude e utilización dos servizos: a partir do 19 de maio de 2010
Lugar de tramitación: Rexistro Xeral Municipal
NORMATIVA
Centro Municipal de Empresas
Ordenanza Municipal reguladora do Centro Municipal de Empresas, publicada no BOP núm. 144 do 5 de abril de 2010.
Instrución de desenvolvemento da Ordenanza reguladora do Centro Municipal de Empresas do Iglesario da Grela, publicada no BOP núm. 91 do 18 de maio de 2010. Corrección de erros, publicada no BOP núm. 108 do 10 de xuño de 2010.
Ordenanza Fiscal núm. 46, reguladora do prezo público pola prestación de servizos no Centro Municipal de Empresas Igrexario da Grela.
Emprendedores
Lei 14/2013, do 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización, publicada no BOE núm. 233 do 28 de setembro de 2013.
Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, publicada no DOG núm. 247 do 27 de decembro de 2013 e no BOE núm. 25 do 29 de xaneiro de 2014. Corrección de erros, publicada no DOG núm. 39 do 26 de febreiro de 2014 e no BOE núm. 77 do 29 de marzo de 2014. Corrección de erros, publicada no DOG núm. 88 do 9 de maio de 2014 e no BOE núm. 127 do 26 de maio de 2014.