Punto de saída, chegada ou tránsito de autobuses de transporte de viaxeiros, equipaxes e encargos por estrada.
Con destinos locais, provinciais, nacionais e internacionais.
A súa situación, próxima ao céntrico barrio de Catro Camiños, permítelles ás persoas viaxeiras un rápido desprazamento a través do bus urbano a calquera punto da cidade.
Servizos e instalacións da Estación:
PLANTA PRINCIPAL:
Entrada adaptada para persoas con mobilidade reducida
Información ás persoas usuarias
Consignas automáticas para equipaxes
Facturación de paquetería
Rede WI-FI gratuíta
Pantallas e megafonía automáticas con información de saídas e chegadas
Vixilancia e seguridade privada
Servizos de señoras e cabaleiros
Despachos para a venda de billetes das distintas empresas concesionarias
Pastelería: La Carballesa
Punto de expedición da Tarxeta Millennium de transporte urbano e metropolitano
ZONA DE DÁRSENAS:
Servizos de señoras e cabaleiros
Aparcadoiro e ponte de lavado para autobuses
EXTERIOR DA ESTACIÓN:
Servizo de taxis e aparcadoiro de vehículos e motos regulado pola ORA
Información de Turismo pulse aquí
COMO CHEGAR?:
Liñas de bus urbano:
Tamén che pode interesar
Documentos relacionados
Transporte público
A Tarxeta Coruña Millennium ofrece importantes descontos nas tarifas dos autobuses urbanos da Compañía de Tranvías da Coruña sen necesidade de dispoñer de diñeiro en metálico e coa máxima axilidade e sinxeleza ao non ter nin sequera que inserir a tarxeta en ningún lector.
As persoas usuarias dos autobuses interurbanos poderán utilizar a Tarxeta Coruna Millennium como tarxeta moedeiro para pagar os seus traxectos metropolitanos. Nos autobuses metropolitanos a Tarxeta Millennium funciona con perfil xeral. Non son aplicables as subvencións ás persoas usuarias correspondentes ao perfil social do Concello da Coruña.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible