Concello da Coruña

Concello da Coruña

Transporte metropolitano

O Plan de transporte metropolitano

O Plan de transporte metropolitano de Galicia ten como obxectivo mellorar a mobilidade e a accesibilidade na contorna de todas as áreas metropolitanas e, por tanto, que a cidadanía teña un mellor servizo de transporte público que sexa unha alternativa competitiva e eficiente ao transporte privado.

No transporte metropolitano, a viaxe defínese polas zonas nas que se inicia e finaliza. Poderase realizar transbordo urbano-metropolitano e metropolitano-urbano. Para que sexa aplicable o transbordo metropolitano-urbano, o servizo tense que iniciar nunha parada situada fóra do termo municipal da Coruña.

As zonas definidas para a área da Coruña son as seguintes:

  • A Laracha
  • Carballo
  • Betanzos
  • Oza-Cesuras
  • Ordes
  • Miño
  • Curtis
  • Arteixo
  • A Coruña
  • Cambre - Culleredo - Oleiros
  • Bergondo - Sada
  • Abegondo - Carral
  • A Cerceda

Tarifas

As tarifas para cada viaxe establécense segundo o número de saltos definidos entre a zona de orixe e a zona de destino. Na táboa seguinte pode consultar o número de saltos que ten a súa viaxe, tendo en conta a zona desde onde inicia o traxecto e a zona de destino.

Estas tarifas son únicas e independentes da empresa que presta o servizo e a cantidade de transbordos que as persoas usuarias realicen na mesma viaxe cando estean dentro do marco de tempo habilitado.

  • 0 saltos: 60 minutos
  • 1 salto: 60 minutos
  • 2 saltos: 75 minutos
  • 3 a 10 saltos: 90 minutos

Horarios

Empresas, destinos principais e horarios::

Empresa

Enderezo web

Rutas

Horarios

Arriva: http://www.arriva.gal/index.php#home Betanzos-Lugo-Ribadeo-Ourense-Ferrol-Viveiro-Arteixo-Carballo-Laxe-Muxía-Camariñas-Fisterra-Abegondo https://arriva.gal/servizos/lineas-regulares
Asicasa/CalPita : http://autoscalPita .com/ Sigrás-Carral-Cambre-Culleredo-Oleiros-San Pedro-Santa Cruz-Sada http://autoscalPita .com/tarifas-horarios/
Eliseo Pita: http://eliseoPita .manuelRey .com/ Mera-Sada https://eliseoPita .manuelRey .com/rutashorarios/
Monbus-Castromil: http://www.monbus.es/es Santiago-Pontevedra-Vigo-Noia-Muros http://www.monbus.es/es
Pombo: http://autocaresjpombo.com/ Uxes-Canzobre http://autocaresjpombo.com/

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión